Curso 2019/20

Viaxe a Moaña: "O último barco" de Domingo Villar

Nesta situación que nos está tocando vivir pola pandemia do COVID19 e que está afectando a todos os países do mundo é bo momento para recordar e revivir o que nos fixo felices,  como ole o mar ou que che dea o aire na cara, as risas, o compartir experiencias... e cos teus amigos e amigas. 

 

AVISO IMPORTANTE: AULA VIRTUAL

A raíz das  medidas adoptadas  en todos os centros de ensino non universitario de Galicia, o IES do Camiño, empregará a partir do luns 16 de marzo a aula virtual para   facerlle chegar ao alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que as podades realizar nos vosos domicilios. Así mesmo o  profesorado poderá empregar o correo electrónico para comunicarse co alumnado.

Finalmente recórdavos que o instituto empregará como mecanismo de comunicación e información co alumnado e as familias a web e o instragram do centro e o taboleiro. 

FP Básica: Taller sobre busca de emprego

Hoxe venres, 13 de marzo, levouse a cabo o “Taller sobre busca de emprego” para o alumnado de 2º de FP Básica  a cargo de María Jose, orientadora laboral do Concello de Palas de Rei e do Concello de Melide. 

AVISO DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS

MEDIDAS RELACIONADAS COA SUSPENSIÓN DAS CLASES

DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS

AVISO IMPORTANTE: PANDEMIA COVID- 19

 

 SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO

 

4º ESO: Obradoiro para a prevención da  “Discriminación por razón de identidade  e/ou orientación sexual

Dentro do  programa de prevención de condutas violentas da Cruz Vermella levouse a cabo o Obradoiro para a prevención da  “Discriminación por razón de identidade  e/ou orientación sexual” ao alumnado de 4º da ESO no que se busca, en xeral,  previr a violencia nas súas diferentes manifestacións na poboación adolescente e xuvenil mediante accións de información e sensibilización. 

 

Así mesmo fomentase a igualdade, a convivencia, a diversidade e a tolerancia na poboación adolescente. 

Nesta ocasión as alumnas e alumnos de 4º da ESO traballaron con Alba (técnica) e Pablo (voluntario) conceptos básicos tales como a identidade, o xénero, o respecto, a tolerancia, etc e as manifestacións sociais deste tipo de discriminación e as estratexias para fomentar a non violencia e a tolerancia. 

 

A finalidade é potenciar a construción dunha identidade persoal responsable, comprometida e tolerante coa sociedade. 

 

3º ESO: Obradoiro sobre Saúde Sexual

Hoxe, martes 3 de marzo, dentro do  programa de Educación para a Saúde da Cruz Vermella levouse a cabo o Obradoiro informativo – formativo no que se promove e  reforza os hábitos de vida saudables en xeral e, en particular, aqueles asociados a súa saúde sexual.  

 

Nesta ocasión contamos con Elena (técnica) e Natalia (voluntaria)  que traballaron co alumnado de 3º da ESO o obradoiro sobre saúde sexual, no que se abordaron temas relativos a: 

saúde, sexualidade e saúde sexual (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).

 

Así mesmo abordouse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai presentes na sociedade actual e traballáronse as habilidades individuais e sociais, tales como resistencia á presión grupal, empatía e asertividade. 

 

Esta actividade foi realizada en colaboración polo Dpto de Bioloxía e Orientación.

ABAU 2020

Publicouse na web da CIUGA un video explicativo da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

  

 

FONTE: CIUGA 2020 / http//ciug.gal/

Representación teatral: "Notre Dame de Paris"

O venres 28 de febreiro, unha vez máis, o alumnado de Francés 2LE non quixo perder a súa cita anual co teatro francófono. Nesta ocasión, os e as participantes foron os grupos de 3°,4° de ESO e 1°, 2° de Bacharelato, acompañados e acompañadas polas profesoras de Francés e Galego.

Distribuir contido