Curso 2019/20

Entrega de diplomas TEI 2019

Hoxe 17 de decembro entregamos os diplomas e os carnés ao alumnado de 3º da ESO, despois de recibir a formación pertinente, que os acredita como titores e titoras do Programa TEI. 

 

Referentes Galegas nas Aulas

O programa “Referentes Galegas nas Aulas” achegounos a mulleres que son referentes en diferentes sectores profesionais, deste xeito,  as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO puideron comprobar como desenvolven o seu traballo e como son profesionais  de éxito no seu ámbito laboral, ademais de servirlles de exemplo aos que seguir e poñer de manifesto que non existe ningún ámbito labo

"English Week”

O grupo de alumnado de 4º ESO, acompañado pola profesora Carmen Ares, asistiu do 17 ao 23 de Novembro á “English Week”, un campamento de inmersión linguística en inglés celebrado nos Peares, en Lugo.

DGT: Formación en educación Viaria

Hoxe martes puidemos contar no instituto coa visita de Sara, coordinadora provincial de Educación Viaria de Lugo, e de Elpidio, axente da Garda Civil de Tráfico de Monforte de Lemos, que nos contaron moitas cousas sobre a importancia da "Seguridade Viaria" aos alumnos e alumnas de 1º da ESO, aos de 1º de Bach e aos de 2º

25 NOV_ Obra teatral: "Golpes"

O 25 de novembro, as alumnas e alumnos do instituto, puideron ver a obra teatral “Golpes” interpretada pola actriz Estibaliz Veiga. Esta obra teatral narra a historia de Pamela que é unha moza que ven de sufrir violencia machista despois de  namorar crendo nos postulados do amor romántico. 

25 NOV 2019: Día Internacional contra a violencia de xénero

Como cada ano no IES do Camiño dicimos:

  • "NON AS VIOLENCIAS QUE SE EXERCEN SOBRE AS MULLERES" 

 

"Léoche un conto"

Iniciamos este curso académico unha actividade de colaboración entre as bibliotecas do CEIP de Palas de Rei e o IES do Camiño, de cara a fomentar o gusto pola lectura dende as idades máis temperás ata o alumnado máis maior.

Abraham Cupeiro: "Sons ancestrais"

Hoxe contamos no centro con Abraham Cupeiro, construtor e multiinstrumentista, caracterizándose pola recuperación de instrumentos perdidos no tempo e de utilizalos para crear novas  sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.

 

Magosto 2019

O venres 8 de novembro celebramos o magosto no instituto, foi un día no que xogamos, bailamos, corremos, comemos castañas …. E sobre todo botámonos unhas risas, por máis días así nos que ademais de aprender desfrutemos todos e todas xuntas!!!! 

Magosto 2019

08/11/2019 12:20
08/11/2019 14:00
Atlantic/Bermuda

O venres día 8 de novembro celebramos o Magosto no IES do Camiño.

Teremos xogos e concurso de baile con premios!

Agardámosvos!!!! 

Distribuir contido