Curso 2019/20

Charla sobre diversidade afectivo-sexual, contra a LGTBIfobia e igualdade de oportunidades

As persoas pertencentes ao colectivo LGTBI+ poden vivir diferentes situacións discriminatorias, aumentando o nivel segundo o descoñecemento sobre o colectivo concreto.  A sociedade e cada nivel social ten construído un imaxinario colectivo baseado en prexuízos e estereotipos sobre os diferentes exemplos de diversidade afectivo-sexual. Isto provoca que haxa que facer de maneira obrigatoria un esforzo especial por visibilizar as diversas identidades, formas de ser e orientacións sexuais que foron tachadas como minoritarias ou “non normativas”, posto que o nivel de aceptación non está de todo asegurado na nosa sociedade. 

De aí que a educación sexa un instrumento de empoderamento fundamental, xa que servirá para construír a cidadanía do futuro, sendo a vía para a toma de conciencia das discriminacións que existen. Por tanto, queda claro que unha das necesidades da diversidade no camiño á aceptación de todos os modelos é, dalgunha maneira, traballar a súa visibilidade 

Por este motivo, faise indispensable integrar a diversidade afectivo-sexual e familiar na realidade diaria do alumnado, espertar a conciencia da súa existencia e tratala desde o respecto e a convivencia pacifica.

Por iso coa CHARLA que hoxe tivemos no INSTITUTO buscamos sensibilizar, formar e impulsar a colaboración activa da comunidade educativa no coñecemento, visibilización e valoración da diversidade afectivo-sexual para a mellora da convivencia, a prevención da LGTBIfobia e a promoción da igualdade de oportunidades e a equidade para todo o alumnado.

Grazas a CRISTINA PALACIOS CASTRO, presidenta de ARELAS, por facer desta xornada una formación dinámica, participativa e na que se deu visibilidade a diversidade afectiva-sexual e a LGTBIfobia, fomentando a valoración das persoas, o dereito á diferencia e ás relacións respectuosas e saudables fóra de homofobia, lesbofobia e transfobia na contorna educativa. E na que ademais puxo  o corazón. 

 

Agora toca remover conciencias e reflexionar sobre o aprendido. 

Por que nos chamamos así? Os apelidos de Palas de Rei.

Por que hoxe levamos dous apelidos? Cales son os apelidos máis frecuentes en Galicia? Que significan? Cales son os apelidos máis frecuentes en Palas de Rei? Para responder a estas preguntas contamos no instituto con Ana Boullón,  profesora da Facultade de Filoloxía galega da USC. 

Encontro coa dinamizadora xuvenil da RGDX

O venres visitounos Zoe Prieto, dinamizadora xuvenil da RGDX para informar aos correspentes xuvenís dalgúns dos programas existentes, tales como carné xove, xuventude crea ... e puideron trasladarlle, eles e elas, as súas dúbidas e suxestións 

Charla informática sobre a Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Hoxe, 31 de xaneiro, o alumnado de 2 de bach contou coa charla informativa sobre a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo e de Santiago de Compostela) a cargo do profesor Francisco Rodríguez Lestegas.

 

Carné Xove

Dende este venres, 25 de xaneiro, os correspondentes xuvenís do IES do Camiño xa teñen o seu carné xove gratuíto polo traballo que realizan semana tras semana. Así que xa poden empezar a obter descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Charla da Universidade de Vigo

Hoxe, xoves 23 de xaneiro,  o alumnado de 2º de bach contou coa charla informativa (acceso, matrícula, oferta académica, instalacións e servizos...) sobre a Universidade de Vigo (campus de Vigo, de Pontevedra e de Ourense) a cargo de Ricardo Corderi, xefe do servizo do SIE da UVigo.

Trátase de facilitar a transición dende bacharelato á universidade e proporcionar ao alumnado toda a información necesaria para coñecer as titulacións e os servizos desta universidade así como sobre o seu acceso. 

Plan Director: "Novas tecnoloxías e novas adicións"

Hoxe, xoves 23 de xaneiro, contamos con Ramón Peña, formador da Garda Civil, que impartiu unha charla sobre “Novas tecnoloxías e novas adicións”, ao alumnado de 1º e 2º da ESO, dentro do marco do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros educativos, onde aprendemos sobre como xestionar a nosa identidade dixital en redes sociais e seguridade.

Visita aos centros integrados de Formación Profesional

O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO, 2º de FP Básica e 2º de Bacharelato visitou os centros integrados de formación profesional de Lugo: CIFP As Mercedes e CIFP Politécnico ademais de ir ao IES Sanxillao, onde os alumnos/as da familia de hostalería nos deleitaron co xantar elaborado e servido por eles e elas. 

Cantos de reis

Celebración do Nadal no IES DO CAMIÑO coa participación de Mini Rivas.

O 20 de decembro aprendemos a cantar os reis e difererentes paxoliñas. Mini fíxonos partícipes do seu saber relacionado coa música e costumes do Nadal. Hoxe en día, é un dos máis importantes recompiladores de música tradicional da nosa comunidade. Os nosos cativos descubriron a importancia da música tradional galega e da súa conservación. Ademais eles mesmos fixeron unha recompilación de cantos de reis e panxoliñas do concello de Palas coas que agasallaron a Mini pola súa colaboración neste pequeno festival de Nadal. 

Aquí un pequeno resumo en imaxes:

A pegada ecolóxica e a débeda ecolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia

Hoxe, mércores 19, contamos no instituto con D.Eugenio Fernández Carrasco, profesor da facultade de Ciencias da USC, que impartiu unha charla sobre “ A pegada ecolóxica e a débeda ecolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia”, nela puidemos adentrarnos en conceptos relacionados co cambio climático, termos que cada vez cobran máis forza nas nosas vidas, tales como s

Distribuir contido