Representación teatral: "Notre Dame de Paris"

O venres 28 de febreiro, unha vez máis, o alumnado de Francés 2LE non quixo perder a súa cita anual co teatro francófono. Nesta ocasión, os e as participantes foron os grupos de 3°,4° de ESO e 1°, 2° de Bacharelato, acompañados e acompañadas polas profesoras de Francés e Galego. Todos eles e elas desprazáronse a Ourense para asistir á representación da obra «Notre Dame de Paris», de Victor Hugo, escenificada integramente en lingua francesa. 

 

Aproveitaron o tempo previo ao inicio do espectáculo para facer un percorrido polo centro histórico da cidade, durante o cal varios rapaces e rapazas do grupo exerceron de guías turísticos para o resto do alumnado. Iniciaron a ruta nas Burgas, para continuar pola Praza Maior, igrexa de Sta. Eufemia, catedral de S. Martiño e prazas dos arredores,  como a do Correxidor (un dos escenarios da ruta da Esmorga),  finalizando o itinerario na Ponte Romana.

Grazas e parabéns a todos e todas os e as participantes na actividade por contribuír a que o programa fose completo, ameno e didáctico!

 

Ademais de que pasamos unha xornada diferente e lúdica, aprendendo con experiencias. 

 

No seguinte enlace podes ver as fotos da xornada: