Skip to Content

Novas

TITORIAIS SOBRE O USO DE FERRAMENTAS VIRTUAIS

O servizo de videoconferencias Webex

 

abalarMóbil: funcionalidades

PONSE EN MARCHA O VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Este curso temos a sorte de contar cunhas marabillosas voluntarias e voluntarios na nosa biblioteca. Esta semana recibiron os seus chalecos, que teñen na parte traseira citas literarias, e que os identificaran nos recreos.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No DOG do venres 13 de novembro de 2020 saíu publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. 

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: 

a) Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

b) Ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 
  • Alumnado matriculado en educación especial. 
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. 
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

De forma presencial no centro do 16 ao 27 de novembro utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na convocatoria publicada no DOG. É necesario solicitar cita previa no 886151442.

Unha vez finalizado este prazo avisarase do procedemento de distribución das máscaras. 

6 DE NOVEMBRO - DÍA NON LECTIVO

Informamos a comunidade educativa de que a Xefatura Territorial comunicou ao centro a concesión do venres 6 de novembro como día non lectivo.

TITORÍAS 2020/2021

Grupo

Titor/a

1º ESO A

Elena Buján Blanco

1º ESO B

Mª del Rocío García Álvarez

1º ESO C

Sergio Torres Pazos

1º ESO D

José Luis Castro Beloso

1º ESO E

Celia Couso Miguélez

1º ESO F

Xabier Pais Vilar

2º ESO A

Laëtitia Álvarez Gutiérrez

2º ESO B

Ana Isabel López Pérez

2º ESO C

Raquel González Caamaño

2º ESO D

Begoña Rodríguez Fontenla

2º ESO E

Pilar Pérez Cobas

2º ESO F

José Antonio Villaverde Quintillán

3º ESO A

Ángeles Pandelo Lorenzo

3º ESO B

Isabel Criado Cao

3º ESO C

Patricia Magdalena Jorge

3º ESO D

Lidia Garrido Gómez

3º ESO E

Lucía Mosquera Novoa

4º ESO A

María Ángeles Núñez Corbal

4º ESO B

Laura Fernández Rodríguez

4º ESO C

Beatriz Cela Roca

4º ESO D

Carmen Sayáns Piñeiro

1º BAC A

María Rey Martínez

1º BAC B

Paloma Fernández de Córdoba y Cancela

1º BAC C

Mª Milagros Sánchez Blázquez

2º BAC A

Maider Rodríguez Puy

2º BAC B

Alfonso Ferreiro Monteagudo

Ciclo Medio

Carlos Besada Rico

INFORMACIÓN SOBRE A ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO. CURSO 2020/2021

É moi importante que consulten no documento adxunto toda a información sobre organización e funcionamento do centro para este curso 2020/2021. Debe revisala tamén o alumnado que xa estivese no centro cursos anteriores, pois hai modificacións debidas á situación sanitaria.

NOVOS PERCORRIDOS DE ENTRADA E SAÍDA AO CENTRO

Neste curso 2020/2021 empregaranse nas entradas e saídas tres portas diferentes. É moi importante que consulten os documento adxunto para coñecer o percorrido que deben realizar xa o primeiro día de curso para dirixirse á aula correspondente.

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA 1º ESO

As reunións informativas sobre a organización do curso escolar terán lugar o luns 21 de setembro:

- 16.30h - alumnado de 1º ESO A, B e C

- 18h - alumnado de 1º ESO D, E e F

Só poderá asistir o/a alumno/a matriculado en 1º ESO acompañado/a dunha persoa adulta, debido aos aforos máximos dos espazos onde se realizarán as reunións. Tanto o/a alumno como a persoa adulta deberán levar máscara, permanecer xuntos/as e manter as distancias de seguridade con respecto ao resto de alumnado e persoas adultas acompañantes.

Para evitar aglomeracións no exterior do edificio antes das reunións, deben agardar na zona indicada para cada grupo á hora que lles corresponda. Deben consultar a mensaxe de Abalar enviada o venres 18 para saber o grupo e a hora á que teñen que asistir.

SE ALGUNHA FAMILIA NON RECIBIU A MENSAXE DE ABALAR ENVIADA O VENRES, PODEN CONTACTAR CO CENTRO PARA QUE LLE INDIQUEMOS O GRUPO DE 1º ESO NO QUE ESTÁ O/A ALUMNO/A.

INSTRUCIÓNS DE INICIO DE CURSO

DATAS DE INICIO DE CURSO

Debido a que o 24 de setembro é festivo en Poio, foi necesario facer algunhas modificacións no calendario de comezo da actividade lectiva. No IES de Poio, as datas de inicio son as seguintes:

  • MÉRCORES 23 – 1º ESO, 2º ESO, 1º BACHARELATO, 1º CICLO MEDIO
  • VENRES 25 – 3º ESO, 2º BACHARELATO
  • LUNS 28 – 4º ESO

No día de inicio de curso correspondente, todos os niveis comezarán no horario ordinario do centro (9.00h) e permanecerán no centro toda a xornada (ata as 14.30h e o luns tamén de 16.30h a 18.10h). Os días seguintes o alumnado continuará vindo ao centro no horario ordinario.

Para vir ao centro, xa dende o primeiro día, o alumnado de ESO con transporte subirá á liña que lle corresponde. Antes do inicio das clases confirmaráselle ao alumnado de Bacharelato se dispón de praza no transporte.

DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO POR NIVEIS

Todos os grupos terán docencia presencial, mantendo a distancia de seguridade na aula. Despois de realizar os desdobres correspondentes e reducir as ratios por aula, contamos coa seguinte distribución de grupos:

  • 6 grupos de 1º ESO
  • 6 grupos de 2º ESO
  • 5 grupos de 3º ESO
  • 4 grupos de 4º ESO
  • 3 grupos de 1º BACHARELATO
  • 2 grupos de 2º BACHARELATO

PROGRAMA DE ACOLLIDA

Polo momento, só é posíbel realizar reunións de acollida coas familias e alumnado de 1º ESO. Terán lugar o luns 21 pola tarde. Enviarase a convocatoria a través de Abalar e publicarase na páxina web.

Para o alumnado de 2º ESO en diante subirase toda a información á páxina web para que poidan consultala antes de comezar as clases.

Ademais, o día de inicio de curso cada grupo será recibido pola súa titora ou titor, quen lle explicará as cuestións relacionadas coa nova  organización e funcionamento do centro.

 

CARTA ABERTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias: 

A Dirección do IES de Poio, en relación coas noticias aparecidas durante a fin de semana nos medios de comunicación, quere informar sobre como se desenvolveron os acontecementos en relación coa organización do curso académico 2020/2021.

O 22 de xullo publícase o primeiro Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021

  • Este documento establecía que “3.1. Durante as clases en aulas nas que o alumnado se dispoña sentado en pupitres e todos orientados nun mesmo sentido, establecerase unha distancia física mínima de 1 metro sen uso de máscara”. 

Desta maneira, dende o centro organizamos os grupos e solicitamos profesorado en función desta directriz da Consellería de Educación.

O 31 de agosto publícase no portal educativo da Xunta un novo documento cunha actualización das medidas: Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública (D.O.G nº 174 bis do 28-08-2020) e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021

  • Este documento, que é o que se atopa vixente a día 14 de setembro, indica que nos centros de Secundaria e Bacharelato “3.1A. De forma xeral, manterase unha distancia interpersonal de polo menos 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo.”
  • Establece agora que: “3.2. O uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersonal”.
  • E tamén dá as seguintes instrucións: “3.3A. Nas etapas de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Formación Profesional establécense as seguintes medidas de conformación das aulas:
    • a) Os postos escolares manterán unha distancia de 1,5 metros respecto de todos os postos que o rodeen medidos dende o centro da cadeira. Se fose preciso retirarase outro mobiliario como andeis ou colgadores que limiten o espazo dispoñible .
    • b) Os postos escolares estarán orientados nunha mesma dirección.
    • c) Cando o tamaño da aula non permita a distancia entre postos buscaranse espazos alternativos onde sexa posible gardar a distancia de 1,5 metros.
    • d) Cando non sexa posible ningunha das accións anteriores desdobrarase o grupo."

O 2 de setembro, ás 14.30h, recibimos confirmación por parte da Inspección de que debemos desdobrar os grupos para poder garantir a distancia de seguridade. As novas medidas supoñen unha completa reorganización do que xa estaba pechado a 31 de xullo, polo que o Equipo Directivo comeza a traballar na nova disposición das aulas, respectando o distanciamento de 1,5m. Isto require ocupar aulas específicas e solicitar máis profesorado.

O 4 de setembro, convócase unha Comisión de Coordinación Pedagóxica, que ratifica manter o turno de mañá no horario habitual e empregar as aulas específicas cando fose necesario para que fosen posibles os desdobres. Así, o Equipo Directivo a día 7 de setembro ten organizados todos os grupos do centro de maneira que se cumpra o distanciamento de seguridade nas aulas. Ademais, fai unha solicitude á Inspección Educativa do profesorado que necesita o centro para poder atender o incremento de grupos. Durante toda a semana pasada tamén se traballa na nova disposición das mesas en todas as aulas, con todo o desprazamento de mobiliario que iso supón. 

Diante desta situación, queremos informar de que, dende o 7 de setembro, este Equipo Directivo non conta con información oficial da Consellería de Educación a respecto da solicitude de profesorado que realizamos para poder cumprir o protocolo que a día de hoxe está aprobado e publicado no portal educativo da Xunta. Desta maneira, resúltanos imposíbel saber se a división de grupos que temos pode manterse e, polo tanto, non podemos afondar na organización do curso escolar.

Lamentamos a incerteza na que está sumida a comunidade educativa así como non poderlles ofrecer máis información sobre o inicio de curso, pero queremos manifestar que dende o centro educativo sempre se traballou arreo para iniciar o curso nas datas establecidas pola Consellería.

 

Poio, 14 de setembro de 2020

A Dirección do IES de Poio

Distribuir contido


by Dr. Radut