No marco do proxecto Erasmus+-eTwinning OPTIME o IES de Poio recibíu a alumnado e profesorado dos tres centros socios:o Instituto Tecnico Statale Economico Raffaele Piria-Ferraris/Da Empoli de Reggio Calabria, o Instituto Bilingüe Miguel de Cervantes de Sofía e o Bernoulligymnasium de Viena.
Desde o domingo 24 ata o venres 29 de marzo desenvolveuse o segundo intercambio de alumnado do proxecto, seguindo un completo programa de actividades que incluíu:
Benvida e presentación dos socios.
Visita do instituto.
Recepción do alcalde de Poio.
Visitas de patrimonio cultural: Mosteiro de Poio, Combarro, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e castro de Viladonga.
Taller de música tradicional galega, taller de traballo no Twinspace, taller de emprendemento.
Presentación do vídeo de patrimonio cultural de Reggio Calabria.
Presentación dos catro vídeos de patrimonio inmaterial.
Visita das Facultades de Filoloxía en Santiago e da Escola Superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia.
Esta é a páxina web do proxecto:
https://erasmusoptime.blogspot.com/
Este é o Twinspace do proxecto en eTwinning
https://twinspace.etwinning.net/72371/home