Skip to Content

Matemáticas

Clasificación para o rally matemático

CLASIFICACIÓN “RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2020”. FASE DE CENTROS.

Nestes días de confinamento, unha boa nova!!! Mellor dito, dúas boas novas!!!

O IES de Poio clasifícase, outro ano máis e con dous equipos, para a fase final galega do “Rally matemático sen fronteiras 2020”.

O pasado 10 de marzo de 2020, alumnado do IES de Poio de 2 ESO e 3 ESO presentouse a unha competición matemática en grupo, o “Rally matemático sen fronteiras 2020”, da cal só pasan á seguinte fase tres equipos por nivel de toda Galicia.

Os nosos parabéns ao equipo de 2 ESO B e ao de 3 ESO B, pois acábanse de clasificar, cada un na súa categoría, para a fase autonómica, cuxa realización, se as actuais circunstancias o permiten, está prevista para celebrarse o 16 de abril en Santiago de Compostela.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!!

Podedes consultar todos os centros clasificados no seguinte enlace.  http://www.igaciencia.eu/gl/node/347

Benvidos a páxina do departamento de Matemáticas

Imos a solucionar todolos problemas do mundo

Distribuir contido


by Dr. Radut