Skip to Content

Fondo solidario de libros

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

  • MÉRCORES 6 DE SETEMBRO

Entrega dos lotes de libros do alumnado de 2º ESO

  • VENRES 8 DE SETEMBRO

Entrega dos lotes de libros do alumnado de 4º ESO e do alumnado de 1ºESO e 3º ESO que non os recolleu en xullo.


Os vales para adquirir material escolar pendentes tamén se entregarán nas datas indicadas para cada nivel. 

O alumnado da ESO recibirá tamén unha axenda escolar o primeiro día de curso. 

Tanto os vales para adquirir material escolar como os lotes de libros serán entregados unicamente á persoa solicitante ou, no seu defecto, a unha persoa maior de idade autorizada pola solicitante por escrito

RECOLLIDA DOS VALES PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Os vales para adquirir material escolar serán entregados unicamente á persoa solicitante.

No caso de que a persoa solicitante non poida acudir ao centro nas datas indicadas para cada nivel e dentro do horario de atención ao público (09:30-13:30), poderá autorizar por escrito a unha persoa maior de idade para que recolla o vale no seu nome.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL Curso 2023-24

DATAS DAS PUBLICACIÓNS DAS LISTAXES, ENTREGAS DOS VALES E ENTREGAS DOS LIBROS
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO 09:30-13:30

12 xullo

Publicación da listaxe provisional (nº de exemplares adxudicados) de solicitudes admitidas e excluídasPódese consultar no taboleiro de anuncios do centro educativo ou na aplicación de Fondo Libros (con chave365 ou certificado dixital).

13 xullo

Entrega vales material para 2º ESO (apelidos A-L) Entrega dos libros en setembro

14 xullo

Entrega vales material para 2º ESO (apelidos M-Z) Entrega dos libros en setembro

17 xullo

Entrega vales material para 4º ESO (apelidos A-L) Entrega dos libros en setembro

18 xullo

Entrega vales material para 4º ESO (apelidos M-Z) Entrega dos libros en setembro

26 xullo

Publicación da listaxe definitiva (materias adxudicadas) de solicitudes admitidas e excluídas.

26 xullo

Entrega vales e libros 1º ESO (apelidos A-L)

27 xullo

Entrega vales e libros 1º ESO (apelidos M-Z)

28 xullo

Entrega vales e libros 3º ESO (apelidos A-L)

31 xullo

Entrega vales e libros 3º ESO (apelidos M-Z)

 
 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

MARTES 20 DE XUÑO - Devolución dos libros de texto de 1º ESO e 3º ESO

MÉRCORES 21 DE XUÑO - Devolución dos libros de texto de 2º ESO e 4º ESO

O alumnado debe traer o lote completo que lle foi entregado a inicio de curso xunto coa folla de devolución que se lle deu estes días. Esta folla debe estar asinada polo/a representante legal. Devolveráselle ao alumnado unha copia deste documento asinado e selado conforme se realiza a devolución.

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO

  • VENRES 2 DE SETEMBRO

Entrega de lotes de libros do alumnado de 2º PMAR e de 2º ESO e 4º ESO que non os recolleu en xullo. O alumnado de 4º ESO que recibiu incorrectamente os libros de Lingua Galega e Literatura tamén pode vir nesta data*.

  • LUNS 5 DE SETEMBRO

Entrega de lotes de libros do alumnado de 1º ESO.

  • MÉRCORES 7 DE SETEMBRO

Entrega dos lotes de libros do alumnado de 3º ESO.

 

Os vales de material pendentes tamén se entregarán nas datas indicadas para cada nivel.

 

O alumnado da ESO recibirá tamén unha axenda escolar o primeiro día do curso.

 

*Ante as dúbidas que poidan xurdir, informamos de que é moi pouco o alumnado de 4º ESO que recibiu incorrectamente os tomos de Lingua Galega e Literatura. A entrega correcta é a seguinte: tres tomos de Lingua Galega e Literatura divididos por trimestres (do 1 ao 4, do 5 ao 8 e do 9 ao 12). Se a entrega non se fixo deste xeito é cando deben achegarse ao centro o venres 2 de setembro pola mañá.

 

ENTREGA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Tras a publicación da listaxe provisional de solicitantes, infórmase das datas de entrega dos vales para adquisición de material e dos lotes de libros do fondo solidario. 

 

1º ESO e 3º ESO

Entrega de vales:

- 1º ESO: mércores 13 de xullo e xoves 14 de xullo 

- 3º ESO: venres 15 de xullo e luns 18 de xullo

Entrega de libros de texto: setembro

 

2º ESO e 4º ESO

Entrega de vales e libros de texto:

- 2º ESO: mércores 27 xullo (apelidos A-L) e xoves 28 de xullo (apelidos M-Z)

- 4º ESO: venres 29 xullo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL

LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

- Publicación da listaxe provisional (nº de exemplares adxudicados) de solicitudes admitidas e excluídas: o 11 de xullo de 2022. Pódese consultar no taboleiro de anuncios do centro educativo ou en fondolibros (con chave365 ou certificado dixital).

- Publicación da listaxe definitiva (materias adxudicadas) de solicitudes admitidas e excluídas: o 22 de xullo de 2022.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Información importante sobre dous procedementos.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO ACTUAL

O mércores 22 de xuño, o alumnado deberá traer a clase os lotes que recibiu a comezo de curso para realizar a súa devolución. O profesorado titor recollerá os lotes na aula e entregará ao alumnado un xustificante de entrega. Só se recollerán lotes completos, é dicir, se teñen todos os libros que o alumno ou alumna tivo concedidos neste curso.

Recordamos que un dos requisitos para recibir libros de texto no curso 2022/23 é ter devolto o lote completo de libros de texto do curso 2021/2022.

Observacións:

           - Pregamos que os libros de texto de 1º e 3º ESO veñan sen ningún tipo de forro.

           - O alumnado de 4º ESO que se atopa na saída de fin de curso devolverá os libros o día que formalice a matrícula do curso próximo.

 

FONDO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL (CURSO 2022/2023)

Recordámoslles que o pasado 18 de maio se publicou a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

As solicitudes poden realizarse por medios electrónicos (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou de forma presencial no centro educativo solicitando cita previa por teléfono.

Poden atopar máis información na web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdepoio/node/1245

 

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2022/2023

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Páxina web para a solicitude: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: antes do 11 de xullo de 2022 (este incluído).

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: antes do 22 de xullo de 2022 (este incluído).

Distribuir contido


by Dr. Radut