Skip to Content

Transporte escolar

HORARIO DE SAÍDA DAS RUTAS DE TRANSPORTE

Segundo a información facilitada pola empresa de transporte responsable o horario de saída das diferentes rutas é o seguinte:

  • RUTA 1: Beiro-Carpint. Piñeiro (Butano) saída ás 8:20
  • RUTA 2: Capela-Campelo-Lourido Praia saída ás 8:25
  • RUTA 3: Albar-A Barca saída ás 8:30
  • RUTA 4: Mosteiro-Poio-Campañó de arriba saída ás 8:15
  • RUTA 5: A Pinela-Vilar saída ás 8:25
  • RUTA 5: Combarro-O Pumar saída ás 8:25
  • RUTA 7: Gasolinera Raxó-Xuviño saída ás 8:10
  • RUTA 8: Combarro-Canteira Combarro saída ás 8:25
  • RUTA 9: Bar Americano-O Vao (Lavadeiro) saída ás 8:25
  • RUTA 10: Escusa saída ás 8:32

 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estas son as rutas e paradas do transporte escolar do IES de Poio para o curso 2023-2024. Estamos pendentes da confirmación do horario das mesmas por parte da empresa.

Pódese ampliar o mapa a pantalla completa no botón da esquina superior dereita.

TRANSPORTE ESCOLAR 2022/2023

No adxunto atópanse as rutas de transporte actualizadas para o curso 2022/2023, segundo constan na aplicación transporteescolar. Polo tanto, son as rutas autorizadas pola Xunta de Galicia para o IES de Poio. Calquera outra parada, fóra das publicadas, ten que ser solicitada pola empresa adxudicataria do transporte escolar á Consellería, organismo responsable de autorizalas. Ao centro educativo correspóndelle comunicar á empresa e á Consellería o alumnado que solicita cada parada para facilitar a xestión do transporte. Non corresponde ao centro educativo autorizar paradas.

Ao alumnado da ESO que use transporte selaráselle o novo curso académico no seu carnet de transporte escolar, indicando a ruta e a parada, e entregaráselle en setembro.

O alumnado de Bacharelato e Ciclo Medio deberá empregar a tarxeta Xente Nova (máis información nesta ligazón).

No caso de que as familias desexen comunicar algunha incidencia co transporte escolar, poden cubrir o documento adxunto nesta entrada e presentalo no centro educativo, onde se lle dará rexistro de entrada e se derivará á Consellería correspondente.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut