Skip to Content

TRANSPORTE ESCOLAR 2022/2023

No adxunto atópanse as rutas de transporte actualizadas para o curso 2022/2023, segundo constan na aplicación transporteescolar. Polo tanto, son as rutas autorizadas pola Xunta de Galicia para o IES de Poio. Calquera outra parada, fóra das publicadas, ten que ser solicitada pola empresa adxudicataria do transporte escolar á Consellería, organismo responsable de autorizalas. Ao centro educativo correspóndelle comunicar á empresa e á Consellería o alumnado que solicita cada parada para facilitar a xestión do transporte. Non corresponde ao centro educativo autorizar paradas.

Ao alumnado da ESO que use transporte selaráselle o novo curso académico no seu carnet de transporte escolar, indicando a ruta e a parada, e entregaráselle en setembro.

O alumnado de Bacharelato e Ciclo Medio deberá empregar a tarxeta Xente Nova (máis información nesta ligazón).

No caso de que as familias desexen comunicar algunha incidencia co transporte escolar, poden cubrir o documento adxunto nesta entrada e presentalo no centro educativo, onde se lle dará rexistro de entrada e se derivará á Consellería correspondente.

 

AdxuntoTamaño
RUTAS TRANSPORTE ESCOLAR 2022-23_IES DE POIO.pdf397.93 KB
DOCUMENTO COMUNICACIÓN INCIDENCIAS CO TRANSPORTE ESCOLAR.pdf351.14 KB


page | by Dr. Radut