Skip to Content

COMEZO DAS CLASES CURSO 2024-25

 

Nesta ligazón poden atopar a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive."

O 11 de setembro as clases desenvolveranse no horario habitual de 08.50h a 14.30h.

 

Ese día o alumnado poderá coller o transporte escolar sen o carné, que se lle entregará no centro ao longo da mañá e que xa poderá empregar ao finalizar a xornada lectiva.

O grupo ao que pertence o alumno ou alumna aparecerá no perfil de Abalar (na aplicación móbil) cando sexa definitivo, o día antes do inicio das clases.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL Curso 2024-25

DATAS DAS PUBLICACIÓNS DAS LISTAXES, ENTREGAS DOS VALES E ENTREGAS DOS LIBROS
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO 09:30-13:30

Tanto os vales para adquirir material escolar como os lotes de libros serán entregados unicamente á PERSOA SOLICITANTE ou, no seu defecto, a unha persoa maior de idade autorizada pola solicitante por escrito.

12 xullo

Publicación da listaxe provisional (nº de exemplares adxudicados) de solicitudes admitidas e excluídasPódese consultar no taboleiro de anuncios do centro educativo ou na aplicación de Fondo Libros (con chave365 ou certificado dixital).

   

17 xullo

Publicación da listaxe definitiva (materias adxudicadas) de solicitudes admitidas e excluídas.

Entrega vales material e libros para 1º ESO

   

18 xullo

Entrega vales material e libros para 3º ESO

   

19 xullo

Entrega vales material para 2ºESO e 4ºESO (libros en setembro)

   
 

 

 

 

 

DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

 

As datas de matrícula para o curso 2024-2025 serán as seguintes: 

  DATA      CURSO A MATRICULAR.  
25 xuño 2º BACH (alumando que superou o curso na avaliación ordinaria)
26 xuño

2º BACH (alumando que superou o curso na avaliación extraordinaria)

1º BACH (1º apelido A-L)

27 xuño

1º BACH (1º apelido M-Z)

4º ESO (1º apelido A-L)

28 xuño 4º ESO (1º apelido M-Z)
1 xullo 3º ESO
2 xullo 2º ESO
3 e 4 xullo 1º ESO

 

ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:30 A 13:30

Pódense recoller os sobres en conserxería.

Calendario fin de curso 2023-24 para o alumnado

DATA

CALENDARIO FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO

 

19 xuño

Entrega de libros do Fondo de libros (alumnado de 1º  e 4º ESO mais alumnado de 3º que o 20  vai á saída)

Entrega do equipamento informático en empréstito (todos os cursos)

20 xuño

Entrega de libros do Fondo de libros(alumnado de 2º ESO e alumnado de 3º que non vai á saída)

21 xuño

Xornada de Convivencia na praia de Cabeceira (todos os cursos)

25 xuño

22:00 Publicación de cualificacións en ABALAR

26 xuño

Reclamacións de cualificacións ESO, Bacharelato e Ciclo perante os departamentos

Presentaranse na secretaría do centro educativo

11:00- 2ºESO: entrega de consellos orientadores (na súa aula)

11:00- 4ºESO: entrega de consellos orientadores, certificacións académicas e CELGA 3 (na súa aula)

12:00- 4ºESO: entrega de Diplomas final de etapa (no souto)

12:00- Todos os cursos: entrega de Diplomas de Excelencia académica (no souto)

27 xuño

Reclamacións de cualificacións ESO, Bacharelato e Ciclo perante os departamentos

Presentaranse na secretaría do centro educativo

28 xuño

14:00

Entrega ás/aos reclamantes das resolucións dos departamentos ás reclamacións de cualificacións

Convocatoria da xefatura de estudos do centro educativo

1 e 2

de xullo

9:00 a 13:00

Reclamacións de cualificacións ante a Xefatura Territorial

Presentaranse na secretaría do centro educativo

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS 1º BACHARELATO

 

MÉRCORES 19

MATERIA

GRUPO

AULA

12:50 – 14:20

ECONOMÍA

1º BACH B

1º BAC B

INGLÉS I

1º BACH A

1º BAC A

 

XOVES 20

MATERIA

GRUPO

AULA

08:50 – 10:20

FÍSICA E QUÍMICA

1º BACH A

1º BAC A

10:50 – 12:20

LINGUA GALEGA I

1º BACH A

1º BACH B

1º BAC B

12:50 – 14:20

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CCSS I

1º BACH B

1º BAC B

Acceso a Ciclos Medios e Superiores

A partir do día 24 de xuño ás 9:00h ábrese o prazo para presentar solicitudes para Ciclos Medios e Superiores.

Para os Ciclos Medios reservaranse do 75 ao 85% de prazas para o alumnado da ESO. Para acceder terase en conta a media das notas da avaliación final de 4ºESO.

Nos Ciclos Superiores reservaranse do 75 ao 85% de prazas para o alumnado de BAC. Para acceder terase en conta a nota media de BAC.

 

Procedemento de solicitude:

Deberase cubrir unha única solicitude por cada grao, medio ou superior, no que se desexe participar. En cada solicitude poderá optarse a catro opcións de centro e ciclo. Podedes acceder ás diferentes opcións de Ciclos Formativos na seguinte páxina 

https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-mapa-oferta-fp 

consultando os folletos de cada familia profesional, tendo que escoller os que comezan por CM (Ciclo Medio) ou CS (Ciclo Superior).

A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp CiclosAdmisión

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. 

Distribuir contido


by Dr. Radut