Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO

No arquivo adxunto atópase a listaxe de vacantes proviasional.

As solicitudes poden realizalas vía telemática na páxina web da xunta www.edu.xunta.es en "Admisión alumnado".

O alumnado de 4º da ESO do IES de Poio publica un libro sobre Curiosidades Científicas

PARABÉNS POLO TRABALLO!

 

O libro, editado polo Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto foi escrito, ilustrado e maquetado por alumnado de 4º da ESO. Nel os alumnos e alumnas explican fenomenos físicos sorprendentes, como as auroras boreais, a existencia dos aneis de Saturno, ou o efecto das bólas de fútbol ao xirar. Tamén explican cuestións de corte máis filosófico, como por que se di que somos po de estrelas, se podemos viaxar no tempo ou se existen outros planetas habitables no Universo. Textos sobre o arco da vella, a proba do Carbono 14, a materia e enerxía escuras, entre outros, completan os 13 artigos nos que se remata suxeríndonos unha sorprendente pregunta: Choven diamantes en Xúpiter?
A primeira edición, de só 100 exemplares, está a venderse para recadar fondos para a excursión de fin de curso a Cataluña, e está a piques de esgotarse, polo que se está a barallar a posibilidade de facer unha segunda tirada de exemplares.
A obra foi coordenada polo profesor de Física e Química e e a corrección lingüística correu a cargo da profesora de Língua Galega de 4º da ESO. Esta actividade forma parte do Plan Lector do Centro.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/02/11/divulgadores-cientificos-da/1621652.html

 

O alumnado de "Ética e Filosofía do Dereito" asiste a un xuízo

"Maridaxe de matemáticas e informática" é o título da ponencia que Francisco Pena Brage realizou este luns no IES de Poio.

O pasado luns o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato pudo escoitar a conferencia de Francisco Pena Brage titulada “Maridaxe de matemáticas e informática”. O profesor da USC falou da relevancia dos modelos matemáticos que serven para elaborar predicións en distintos ámbitos como a medicina, a cinematografía, a meteoroloxía ou o cambio climático. Explicou que vivimos nunha sociedade que emprega constantemente modelos matemáticos en multitude de disciplinas. O que da potencia a isto é a informática.

 Para máis información podedes consultar o seguinte enlace:

goo.gl/dKepc5

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Convocatoria 2017.

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.

Ten máis información sobre as probas de acceso en:http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual ou no Departamento de Orientación.

 

Canteira de cineastas no instituto de Poio

Alumnos de 4º da ESO participan no programa Cinema en curso gravando un documental sobre os oficios tradicionais da vila.

Se queres seguir a noticia, pincha no enlace do Diario de Pontevedra:

http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/651882/canteira-de-cineastas-no-instituto-de-poio

 

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

Os nosos mellores desexos de felicidade

para o 2017

 

A dirección do Ies de Poio

Trabajando con los medios de comunicación en 3º

La nueva publicación trimestral del IES de Poio, realizada por el alumnado  3º A

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut