Skip to Content

O IES DE POIO PARTICIPA NA CAMPAÑA "EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA"

O IES de Poio realizou diversas actividades na semana na que se celebra o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

http://bibliotecaiespoio.blogspot.com.es/2017/11/25-de-novembro-contra-as-violencias.html

https://www.instagram.com/iespoiobiblioteca/

 

 

Ademais as rapazas de Zumba bailaron para solidarizarse coas vítimas. Podedes ver o vídeo premendo na seguinte ligazón:

https://vimeo.com/244466652

 

ENCONTROS CON MARÍA SOLAR

 

O 21 de novembro, un grupo de 44 alumnos e alumnas de 3º da ESO fomos a Pontevedra, ao Teatro Principal, para participar nun encontro coa escritora María Solar.

Chegamos sobre as 10.15 (fomos os primeiros!) e mentres agardabamos a que fose hora de entrar, sacamos algunhas fotos.

Xa dentro do teatro, sentamos nas dúas primeiras filas, polo que había que botar un pouco o pescozo para atrás, pero así tamén viamos mellor. Viña tamén alumnado doutros institutos.

No escenario do teatro estaban Marta López, que é unha científica do CSIC, Luisa Martínez, a moderadora; e María Solar, a autora de Os nenos da varíola, o libro que lemos en galego este trimestre.

Os nenos da varíola conta a expedición humanitaria que a principios do século XIX se organizou desde a coroa española e se levou a América. Nesta época, a varíola mataba a milleiros de persoas, así que os médicos decidiron levaron a vacina da varíola ao novo continente. Pero, como dixo María Solar, daquela non había neveiras, a vacina non se podía conservar, e a única maneira de conservala era levala no propio corpo das persoas. Para iso escolléronse 22 nenos orfos de Madrid, Coruña e Santiago que, acompañados da reitora do hospicio da Coruña, Isabel Zendal, e de dous médicos da Corte, se dirixiron ao continente americano para salvar as vidas de centos e centos de persoas.

Hoxe en día, esta enfermidade xa non existe no noso planeta, pero os científicos conservan dúas mostras do virus: unha en Estados Unidos e outra en Rusia, para posibles investigacións. Ao final do acto, mediante unhas cartolinas, tivemos que decidir que fariamos nós co virus, se destruílo definitivamente ou gardalo. Non nos puxemos de acordo!

Pouco despois das 11.30 xa saímos do Teatro, demos un pequeno paseo, merendamos e regresamos ao instituto.

 

 

 

EDUCANDO CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO. 1°ESO-A

Educando contra a violencia de xénero. O grupo de 1°ESO-A elaborou pulseiras con mensaxes que rexeitan a violencia de xénero.

Campaña de Solidariedade Vial

13/11/2017 14:27
Europe/Madrid

A Policía Local de Poio en colaboración cos Servicios Sociais do Concello de Poio poñen en marcha unha Campaña de Solidariedade Vial, na que se recollen sistemas de retención infantil (sillas, elevadores...) para poder entregarllas ás familias que os necesiten e darlle a formación necesaria para un uso axeitado. Esta campaña dou comezo o día 25 de setembro e rematará o 25 de decembro.

 

     Os sistemas de retención poderán ser entregados nas dependencias da Policía Local sita Praza Mosteiro, 1 - Poio, onde lles facilitarán unha ficha para deixar os seus datos e rexistrar a entrega, ou ben chamando ao 689 575 495.

CONVOCATORIA PROA (reforzo, orientación e apoio) PARA ALUMNADO DE 1º E 2º ESO CURSO 2017/2018

10/11/2017 13:49
Europe/Madrid

Con esta actuación pretendese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades. O alumno destinatario debe estar escolarizado no 1º ou 2º E.S.O. As prazas son limitadas. Para a selección do alumnado terase en conta a situación familiar.

O alumnado elexido dispoñerá de transporte gratuíto para recibir pola tarde dúas horas de reforzo escolar dous días á semana no noso instituto. Máis información a través do teléfono: 886151443

 

 

O alumnado de Latín de 2º BAC premiado pola Comisión Europea visita o Parlamento de Estrasbrugo

O alumnado de Latín de 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de viaxar a Estrasburgo do 10 ao 14 de outubro e realizar unha visita guiada ao Parlamento Europeo. Isto realizouse grazas ao premio que recibiron da Comisión Europea polo proxecto eTwinning "Delirant isti eTwinnienses Romani!" desenvolto polo alumnado de Latín con Extremadura, Alemania, Polonia e Italia e que fue seleccionado dentro de la iniciativa Move2 learn. Learn2move.

A PARTIR DO DÍA 21 DE SETEMBRO XA PODEN RECOLLER OS LIBROS E OS CHEQUES DE MATERIAL

A partir do día 21 de setembro xa poden vir a recoller os libros e os cheques de material á Secretaría do IES de Poio, de 9:00 h. a 14:00 h. Lembren que teñen que recollelos os pais / nais / titores legais.

PARABÉNS POLO PREMIO ETWINNING "Delirant isti eTwinnienses Romani!" DO DEPARTAMENTO DE LATÍN!!!

 O proxecto eTwinning "Delirant isti eTwinnienses Romani!" desenvolvido polo alumnado de Latín de 1º de Bacharelato do IES de Poio durante o curso pasado vén de ser seleccionado pola Comisión Europea dentro da iniciativa “Move2 learn. Learn2move”. No proxecto colaborouse con centros de Extremadura, Alemania, Polonia e Italia.

A iniciativa Move2Learn, Learn2Move foi presentada con ocasión do trixésimo aniversario do programa Erasmus. Con esta iniciativa, os proxectos europeos de eTwinning tiveron a oportunidade de participar nun concurso e gañar billetes cos que viaxar a outros países do programa Erasmus. O obxectivo desta iniciativa é que a mocidade poida experimentar o que implica vivir en Europa e comprenda a repercusión positiva que ten a Unión Europea na vida da súa cidadanía e o seu vecindario internacional.

 Ademais de descubrir outras culturas, os participantes tamén se farán máis conscientes da pegada de carbono das súas viaxes, pois terán que respectar un nivel máximo de emisións de CO2 durante o seu periplo e deberán elixir os medios de transporte que utilizan tendo isto en conta.

 A Comisión Europea seleccionou aqueles proxectos que cumpriron de forma máis sobresaliente cos seis criterios do Selo de Calidade Nacional, un premio co que xa fora recoñecido o proxecto do departamento de Latín no mes de xullo.

 Isto implica que se desenvolveu un proxecto destacado en innovación pedagóxica, integración curricular, comunicación, interacción e colaboración entre os centros asociados, uso da tecnoloxía e en tarefas de difusión, avaliación e documentación do proxecto.

PARABÉNS!!!

 

FP BÁSICA 17/18

03/09/2017 11:23
Europe/Madrid

RECOLLIDA DA DOCUMENTACIÓN PARA A FP BÁSICA (ORIENTADORA): mércores 6 de setembro

ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN NO CENTRO SOLICITADO PARA CURSAR A FP BÁSICA: ata o 12 de setembro (tope ás 13:00 horas)

LISTAXES DE ADMITIDOS NA FP BÁSICA (nos centros de FP Básica): 13 de setembro

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO NA FP BÁSICA (no centro de FP Básica): do 13 ao 20 de setembro

Distribuir contido


by Dr. Radut