Skip to Content

PARABÉNS POLO PREMIO DE "CLASES SEN FUME" RECIBIDO ONTE EN SANTIAGO!

PARABÉNS AO GRUPO DE 2º C E Á PROFESORA LAURA FERNÁNDEZ QUE COORDINOU ESTE PROXECTO DENDE A MATERIA DE "PROMOCIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES"!!!!!


O GRUPO DE 2º C DO IES DE POIO VÉN DE ACADAR O 1º PREMIO DE ACTIVIDADE CREATIVA DENTRO DO CONCURSO ESCOLAR "CLASES SEN FUME" ORGANIZADO POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA XUNTA DE GALICIA.

ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DESTE PREMIO!

DEIXÁMOSVOS NESTA LIGAZÓN MÁIS INFORMACIÓN:

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/06/13/aula-ies-poio-gana-concurso/1910111.html

 

CHARLA SOBRE O ACCESO Á UNIVERSIDADE E APLICACIÓN NERTA

18/05/2018 07:58
Europe/Madrid

O luns 21 de maio, a xefatura de Orientación desenvolvera unha charla destinada ás familias e o alumnado de 2º de bacharelato. O contido versará sobre toda a información de interese respecto ao acceso á Universidade.

O lugar de celebración será o salón de actos.

16:30 h.: Familias

20:30h. Alumnado de 2 Bacharelato

IES DE POIO DISTINGUIDO CO SELO DE CENTRO ETWINNING

O IES de Poio ven de ser distinguido co selo de centro eTwinning. O instituto acadou o  recoñecemento tras ter superado un proceso de solicitude que recoñece a centros pioneiros e líderes en áreas como:

  • o uso de ferramentas dixitais
  • a prevención e seguridade en Internet
  • os enfoques pedagóxicos innovadores e creativos
  • o apoio á formación do persoal
  • o fomento de prácticas de aprendizaxe cooperativo


Este selo de centro únese a recoñecementos anteriores do IES de Poio durante a súa traxectoria en eTwinning dende o ano 2009: 19 Selos de Calidade Nacionais, 19 Selos de Calidade Europeos, 2 premios Nacionais e 1 Premio Europeo.

Nova no Servizo Nacional


Nova na Embaixada galega eTwinning
http://embaixada.etwinning.gal/2018/04/escolas-galegas-con-selo-de-centro.html

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/2018

15/03/2018 20:19
Europe/Madrid

Número e características dos premios 1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios. 2. Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 10.50.423A.480.1 do ano 2017 cunha dotación global de 20.000 €.

 Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato. 

O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo, e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción. 

Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional. 

O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2017/18.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes. A mera presentación da solicitude leva implícita a aceptación plena de todas as bases desta convocatoria e constitúe unha manifestación expresa de que a persoa solicitante reúne os requisitos exixidos para participar no procedemento, así como de que son veraces os datos que consigne nela. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

CHARLAS INFORMATIVAS ITINERARIOS DE BACHARELATO IES DE POIO

11/03/2018 11:16
Europe/Madrid

Coa finalidade de dar a coñecer a oferta do Bacharelato do IES de Poio para o curso 2018/2019 (modalidades / materias troncais específicas e de libre configuración), a xefatura do Departamento de Orientación dará unha charla no salón de actos para o alumnado de 4º E.S.O e 1º de Bacharelato.

Horarios:

4º B-C ás 12:50 horas

4º A ás 13:40

1º Bacharelato A e B das 16:30 ás 18:10

Resultado de imagen de orientacion académica

PLAN PROXECTA POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE

06/03/2018 12:08
Europe/Madrid

Resultado de imagen de cartas de amor 15 artistas contra a violencia de xénero

O IES de Poio contará coa Exposición “Cartas de Amor” desde o vindeiro día 7 ao 20 de marzo.

Esta exposición gráfica recolle diversas ilustracións de artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. Xunto coa exposición o alumnado de 3º e 4º da ESO participará en obradoiros, charlas e na visualización dunha cortometraxe sobre esta temática. 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

06/03/2018 12:05
Europe/Madrid

Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018

 

Probas de acceso

Inscrición para a proba: 12 - 23 marzo

Publicación das listaxes provisionais: 16 abril

Reclamación contra as listaxes provisionais: 17 – 20 abril

Publicación das listaxes definitivas: 15 maio

Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros de inscrición que teñen adscritos: 15 maio

 

Celebración da proba: 31 maio

Campus Científicos de Veran 

18/02/2018 12:58
Europe/Madrid

Os Campus Científicos de Veran son unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Seu obxectivo principal é o fomento das vocacións científicas dos xóvenes estudantes de 4º ESO e 1º de Bacharelato a través do contacto directo coa actividade cotiá dos investigadores nun ambiente universitario. Todo elo, veráse complementado con actividades culturais, deportivas e de ocio, para que os participantes poidan disfrutar dunha estancia fascinante.

O Programa vai dirixido ao alumnado que se atope cursando no ano académico 2017-2018 ensinanzas do 1º curso de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º curso de E SO na opción de ensinanzas académicas cursando as materias troncais de “Bioloxía e Xeología” e “Física y Química” ou na opción de ensinanzas aplicadas cursando as materias troncais de “Ciencias aplicadas á actividade profesional” e “Tecnoloxía” e que houbesen obtido unha nota media de, alomenos, un 8,5 no pasado curso académico 2016-2017. 

Durante o mes de xullo de 2018 desenrolaranse 4 quendas de participación.

  • Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 1 ao 7 de  xullo

  • Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 8 ao 14 de xullo

  • Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 15 ao 21 de xullo

  • Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 22 ao 28 de xullo 

    Os interesados en participar nos Campus Científicos de Verano deberán presentar a súa solicitude a través da páxina web www.campuscientificos.es.

Na “Guía de presentación de solicitudes” -dispoñible no apartado de INSTRUCCIONS- poderáse consultar os pasos necesarios para completar o proceso de presentación dunha solicitude.

Os Campus Científicos de Veran 2018 desenvolveránse simultáneamente nos institutos e departamentos de investigación adscritos aos seguintes Campus de Excelencia Internacional (CEI) e/ou Rexional:

 

CEI/CEIR

UNIVERSIDAD

 AD FUTURUM

 OVIEDO

 ANDALUCÍA TECH

 SEVILLA

 ATLÁNTICO TRICONTINENTAL

 LAS PALMAS DE GRAN CANARIA

 BIO TIC GRANADA

 GRANADA

 CYTEMA

 CASTILLA LA-MANCHA

 DO MAR 

 VIGO

 HIDRANATURA

 EXTREMADURA

 MARE NOSTRUM

 MURCIA

 STUDII SALAMANTINI

 SALAMANCA

 TRIANGULAR

 VALLADOLID

 UAM + CSIC

 AUTÓNOMA DE MADRID

 VIDA

 SANTIAGO DE COMPOSTELA

 VLC

 VALENCIA Y POLITÉCNICA DE VALENCIA

Distribuir contido


by Dr. Radut