CONVOCATORIA ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
Ao abeiro da Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, o martes 29 de novembro celebraranse as eleccións ao Consello Escolar do IES de Poio, o órgano no que están representados tódolos membros da comunidade educativa.
A votación dos representantes legais do alumnado terá lugar o mesmo 29 de novembro en horario de 12:00 a 15:00 no Salón de Actos do instituto. A mesa electoral estará composta pola directora do centro, que actuará como presidenta, e catro representantes legais, actuando como secretario o de menor idade. O sorteo dos compoñentes da mesa electoral será público e levarase a cabo na administración do instituto o luns 21 de novembro ás 11:30.
Os censos electorais están a disposición de tódolos representantes legais para a súa consulta no taboleiro de secretaría do instituto en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres. Informamos de que son electores tódolos representantes legais de alumnado matriculado no centro e elexibles todos aqueles representantes legais que queiran presentar a súa candidatura. Calquera reclamación o censo publicado deberá presentarse por escrito na secretaría do centro educativo dirixida á Xunta Electoral ata as 14:00 do 17 de novembro.
O prazo de presentación de candidaturas abrangue do 11 ó 18 de novembro de 2022 polo que, se é do seu interese, poderán presentar as súas candidaturas na administración do centro educativo nese periodo en horario de 9:00 a 14:00.
Atentamente.
Dirección do IES de Poio