Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Ao abeiro da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e FP, o vindeiro luns 22 de novembro celebraranse as eleccións de membros do Consello Escolar do IES de Poio.

O sorteo para a constitución das mesas electorais terá lugar o 17 de novembro ás 12.30h perante as persoas integrantes da Xunta Electoral.

As votacións dos diferentes sectores terán lugar o luns 22 de novembro no seguinte horario:

- ALUMNADO: 09-14h

- REPRESENTANTES LEGAIS DO ALUMNADO: 15-19h

- DOCENTES: 12.30h-13.00h

- PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: 14-15h

Lémbrase a todas as persoais integrantes da comunidade educativa que os censos electorais están á súa disposición no taboleiro de Administración e poden consultarse de 09 a 14h. O prazo para a presentación de candidaturas remata o martes 16 de novembro.



page | by Dr. Radut