Skip to Content

O alumnado de 4º da ESO do IES de Poio publica un libro sobre Curiosidades Científicas

PARABÉNS POLO TRABALLO!

 

O libro, editado polo Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto foi escrito, ilustrado e maquetado por alumnado de 4º da ESO. Nel os alumnos e alumnas explican fenomenos físicos sorprendentes, como as auroras boreais, a existencia dos aneis de Saturno, ou o efecto das bólas de fútbol ao xirar. Tamén explican cuestións de corte máis filosófico, como por que se di que somos po de estrelas, se podemos viaxar no tempo ou se existen outros planetas habitables no Universo. Textos sobre o arco da vella, a proba do Carbono 14, a materia e enerxía escuras, entre outros, completan os 13 artigos nos que se remata suxeríndonos unha sorprendente pregunta: Choven diamantes en Xúpiter?
A primeira edición, de só 100 exemplares, está a venderse para recadar fondos para a excursión de fin de curso a Cataluña, e está a piques de esgotarse, polo que se está a barallar a posibilidade de facer unha segunda tirada de exemplares.
A obra foi coordenada polo profesor de Física e Química e e a corrección lingüística correu a cargo da profesora de Língua Galega de 4º da ESO. Esta actividade forma parte do Plan Lector do Centro.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/02/11/divulgadores-cientificos-da/1621652.html

 



page | by Dr. Radut