Skip to Content

PRÁCTICUM DEPO-ERASMUS+

Desde o curso 2020-2021, o noso centro está participando no proxecto "Practicum Depo- Erasmus+"

Practicum Depo é un proxecto que se lle concedeu á Deputación de Pontevedra no programa Erasmus+, dentro da acción clave 1 "Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe" e, en concreto, para "Proxectos de mobilidade para beneficiarios/as de ensinanzas de FP".

Esencialmente, permite que tanto alumnado do ciclo como profesorado teñan a oportunidade de completar a súa formación en países da Unión Europea.

O obxectivo do proxecto é proporcionar ferramentas e favorecer estratexias que faciliten ao alumnado a inserción laboral noutros paises da UE, aumentar as oportunidades de formación no estranxeiro do alumnado de Formación Profesional, e proporcionarlle as habilidades necesarias para a súa transición do ámbito da educación e a formación ao mercado laboral.

Durante este ano a deputación acadou o acreditación de calidade para os seus proxectos futuros

Se queres máis información acerca de Erasmus+ pulsa aquí

A nosa 1º viaxeira foi María Lores, que elixiu Diverlanhoso en Portugal para completar a súa formación:

Convocatoria Erasmus+ 2021:  https://www.depo.gal/es/erasmus-2021



page | by Dr. Radut