Skip to Content

Erasmus Plus

O IES DE POIO SELECCIONADO NA CONVOCATORIA ERASMUS+

O proxecto presentado o pasado curso á convocatoria de Asociacións escolares KA229 foi seleccionado e vai ser desenvolvido nos próximos dous cursos.

“Orientados ao patrimonio cultural e a inclusión desde unha mirada europea” (OPTIME) é unha Asociación escolar Erasmus+ KA229 de Intercambio entre centros escolares.

Trátase dun proxecto transnacional e deseñado por catro centros escolares no marco do ET2020, o Ano Europeo de Patrimonio Cultural e a Declaración de París.

A nosa asociación inclué catro institutos de España, Italia, Bulgaria e Austria: o IES de Poio na localidade do mesmo nome, o Instituto Tecnico Statale Economico Raffaele Piria- Ferraris/ Da Empoli en Reggio Calabria, o Instituto Bilingüe Miguel de Cervantes en Sofía e o Bernoulligymnasium en Viena. O alumnado participante ten entre 15 e 18 anos.

Consideramos que tanto o coñecemento como o aprecio por un patrimonio cultural compartido e á vez diverso, axudarannos a fometar o diálogo intercultural e a inclusión social nas nosas comunidades educativas, pertencentes a contornas socioculturais e económicas moi diversas.

No IES de Poio participará alumnado que cursa as materias de Latín e Grego. É a nosa intención que este proxecto sirva para poñer en valor e dar visibilidade aos estudos de Humanidades.

O obxectivo xeral do noso proxecto consiste en crear unha rede escolar de cooperación e intercambio de boas prácticas que nos permita desenvolver unha aprendizaxe baseada en proxectos sobre o tema do patrimonio cultural europeo cun tratamento transversal da inclusión social. Reforzaremos así a nosa dimensión europea e a capacidade de enfrontar novos desafíos.

A nosa motivación reside no coñecemento e o compromiso co patrimonio cultural material e inmaterial. Entendemos que é un recurso fundamental para o crecemento económico, o emprego e a cohesión social. Ten, polo tanto, un gran valor educativo.

O noso proxecto busca, ademais, promover a inclusión social, incidindo na loita contra a discriminación, a segregación, a xenofobia, o acoso escolar e a violencia.

Outros obxectivos son mellorar a competencia social, cívica e intercultural, a competencia lingüística en lingua materna e linguas estranxeiras e a competencia dixital. Promoveremos o empredemento e a empregabilidade para facilitar ao noso alumnado o acceso ao mundo do traballo nun contexto europeo.

Realizaremos catro Actividades de intercambio de curta duración de alumnado. Nelas desenvolveremos: obradoiros de conversación e restauración de bens culturais, de voluntariado en preservación de patrimonio; obradoiros de inclusión e integración, de mediación escolar entre iguais; obradoiros de TICs, de emprendemento e orientación profesional; seminarios, conferencias, visitas apatrimonio. Nos períodos intermedios cada centro organizará obradoiros de diseminación dasActividades transnacionais,conferencias, sesións de traballo para o desenvolvemento do noso proxecto e a elaboración de produtos finais.

Desenvolveremos un proxecto eTwinning e traballaremos en liña no Twinspace nos períodos entre mobilidades. As metodoloxías das actividades serán activas e participativas: aprendizaxe entre iguais, con actividades accesibles, útiles, inclusivas, solidarias, con repercusión social, nas que o alumando se aprenda mutuamente. Learning by doing, buscando fórmulas creativas para sacar adiante tarefas e produtos en equipo. Obradoiro con simulador en soporte dixital. Aprendizaxe baseada en proxectos.

Propiciaremos a participación de axentes externos a nivel local e rexional para compartir unha rede decooperación a nivel europeo. En Galicia cooperan co proxecto a Escola Superación de Restauración e Conservacións de Bens Culturais de Galicia, a Sección de Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela e a Sección Galega da Sociedade española de Estudos Clásicos e mais o Concello de Poio. En Reggio Calabria cooperan o Concello e a asociación Italia Nostra. En Viena colaboran o Concello e a asociación Österreichischer Integration Fonds. En Sofía contamos coa colaboración da Sección de Filoloxía Hispánica da Universidade de Sofía e a Nova Universidade de Sofía, do Concello e da Axencia Turística Elfie Tours.

.

Erasmus+

KA2 Asociación escolar

Título proxecto: Tourism for teenagers

Blog do proxecto 

Antecedentes do proxecto

  • Durante o curso 2012/2013 trabállase na solicitude dun proxecto Comenius. Infórmase en Claustro e Comisión Pedagóxica. Trala resolución o proxecto queda en lista de espera en España e finalmente non se concede.

  • Durante o curso 2013/2014 lévase a cabo dentro do Plan de formación en centros do noso instituto un curso sobre proxectos europeos e ferramentas TIC a cargo da coordinadora do proxecto. A dirección do centro envía a todo o profesorado unha invitación a participar na sesión do 10 de marzo na que se informa do proxecto que se ía solicitar.

  • A finais de abril de 2014 se envía a solicitude que resulta aprobada en setembro de 2014

  • A documentación do proxecto está disponible na sala de profesores dende abril de 2014

  • A primeira reunión informativo-consultiva convocouse para o luns 20 de outubro, colocáronse carteis na sala de profesores cunha semana de antelación

Breve resumo do proxecto

Centros participantes:

Roma. Profesor coordinador: Inglés

Kalamata, Grecia. Profesora coordinadora: Lingua clásicas

Pribram: República Checa. Profesora coordinadora: Inglés

Radom, Polonia. Profesora coordinadora: Inglés

Poio. Profesora coordinadora: Lingua clásicas

Axuda concedida ao IES de Poio para os dous anos do proxecto: 32.595 euros

Calendario inicial de propostas (suxeito a posibles modificacións)

  • Reunión inicial en Pribram para organizar o calendario e actividades a comezos de decembro de 2014

  • Antes da reunión de decembro en Pribram o grupo de traballo de Poio preparará as decisións previas que se levarán á reunión dos cinco países. Informárase ao claustro ou consultarase de ser o caso acerca das decisións a tomar ou tomadas.

  • O proxecto desenvolverase ao mesmo tempo que un proxecto eTwinning

Resultados esperados a dous anos (breve resumo):

  • Guía xove de turismo

  • Mapas interactivos

  • Páxina web e proxecto eTwinning

  • Guía de conversación

  • Folletos informativos

Participación

Alumnado, profesorado, familias, persoal non docente, Concello

Calendario inicial (suxeito a posibles modificacións)

  • Principios de decembro: Reunión organizativa en Pribram (dous profesores por país)

  • 22-28 Febreiro 2014: Reunión en Poio (sete alumnos e dous profesores por país visitante)

  • Última semana abril/ Mes de maio 2014 Reunión en Grecia (sete alumnos, dous profesores Poio)

  • Outubro 2015.: Reunión Polonia (sete alumnos, dous profesores Poio)

  • Febreiro 2016: Reunión República Checa(sete alumnos, dous profesores Poio)

  • Maio 2016: Reunión Roma (sete alumnos, dous profesores Poio)

Distribuir contido

by Dr. Radut