Skip to Content

Actividade de aprendizaxe, ensino e formación do proxecto Erasmus+ OPTIME en Viena

Actividade de aprendizaxe, ensino e formación do proxecto Erasmus+ OPTIME en Viena


Desde o 21 ao 28 de setembro tivo lugar o tercer Intercambio de alumnado dentro do Erasmus+ KA229 que se está a desenvolver durante dous cursos académicos no IES de Poio.
Alumnado e profesorado do proxecto OPTIME, procedente de Poio, Reggio Calabria e Sofía,  viaxou a Viena. Alí, o centro escolar anfitrión, o Bernoullygymnasium,  organizou un programa de actividades desenvolvidas en español e inglés.

Entre outras actividades desenvolvéronse:

Visitas a patrimonio cutural en Viena e Salzburgo.

Obradoiro de mediación entre iguais en inglés

Obradoiro de orientación profesional en inglés
Obradoiro de cociña na Escola de Hostalería.

Avaliación do traballo  colaborativo levado a cabo en eTwinning desde a anterior Actividade transnacional.

Propostas de traballo posterior no Twinspace,

Reunións de xestión do proxecto.

 


 

O programa de actividades está publicado no Twinspace do proxecto.

Esta é a páxina web do proxecto.



page | by Dr. Radut