Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA de axudas ó alumnado ESO e BACHARALATO para FORMACIÓN en LINGUAS EXTRANXEIRAS

 

A Consellería de Educación publicou a Orde do ORDE do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras (Inglés para ESO e Francés e Inglés para BAC) no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

DATAS: 

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

PRAZO E SOLICITUDE: 

 

Ata o 20 de marzo de 2019, incluído. A solicitude realízase en liña ou presencial. 

 

No documento adxunto podera consultar toda a información necesaria.

 

 

AVISO: "RECOLLIDA DE TITULACIÓN ANO CURSADO 2017'

O alumnado que rematou os seus estudos no ano 2017 podera pasar a recoller a titulación no IES de Poio.

ALUMNADO:

                  - BACHARELATO

               - EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

               - CICLO FORMATIVO

LUGAR: Secretaria do centro escolar.

HORARIO: 9:00 a 14:00

 

AVISO IMPORTANTE: 'MONTAXE DE PORTALÓN DE ACCESO'

 

Estimadas familias:

 

Actualmente estase a facer unha pequena obra ao final do aparcadoiro co obxectivo de instalar un portalón. Dito portalón solicitouse no curso pasado para evitar o perigo de que os coches circulasen pola mesma zona do alumnado, especialmente durante o recreo cando os rapaces están polo patio.

 

 

Cando estea finalizado a obra, o portalón permanecerá aberto desde as 8:30 ata as 9:00 horas, e o luns pola tarde de 16:00 ata 16:30 horas, para os país/nais que veñan deixar aos seus fillos/as, e logo permanecerá pechado o resto da xornada, e haberá na beirarrúa unha pota peonil que permanecerá aberta para o acceso ao público. Mentres non sexa así, rogamos que os coches entren no aparcadoiro da dereita, reservado aos profesores, polo acceso pegado á marquesiña, e saian pola outra entrada do mesmo, dando así a volta sen ter que manobrar.

 

 

Lamentando as molestias ocasionadas, aproveitamos a ocasión para saudarlles.

 

 

O Equipo Directivo.

(Podese acceder o documento emitido polo centro no enlace situado na parte inferior)

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

 

O día 27 de xullo saíu publicada no DOG a Orde do 7 de xullo de 2016 pola que se conconcan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

Prazo de presentación de solicitudes: 28 do xullo de 2016 ata o 22 de agosto de 2016

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

ORDE do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.

TEXTO LEI

 

SEDE LECTRONICA PARA DESCARGAR O FORMULARIO

 

PAXINA DE INFORMACION E PROBAS DE OUTROS ANOS: AQUI

Protocolo de Protección de datos

Trátase dun documento vivo porque irá incorporando os diferentes cambios normativos europeos, estatais e autonómicos, así como os diferentes e progresivos ditames da Axencia Española de Protección de Datos, a medida que xurdan. Para facilitar o seguemento destes cambios, o documento incorpora unha táboa coa mención á versión de que se trata. Por todo iso recoméndase a súa consulta en formato electrónico.CLICAR AQUI

Distribuir contido


by Dr. Radut