Skip to Content

Novas

INCIDENCIAS NO TRANSPORTE ESCOLAR DO IES DE POIO

Ante as incidencias desta mañá co transporte escolar do instituto: alumnado dunha parada sen praza na liña asignada no traxecto de ida cara o instituto; prazas insuficientes para todo o alumnado nunha liña no traxecto de volta, 5 liñas que chegan con retraso e case tódalas liñas sen o cartel co número identificativo de cada liña, dificultando así que o alumnado suba ó autobús correcto; a dirección deste centro vai presentar unha queixa ante a empresa, o servizo complementario de transporte da Consellería de Educación e a Consellería de infraestructuras e mobilidade para que non se volva dar esta situación.

No caso de que se produzan outros incidentes nos que o alumnado se vexa afectado, lembrámoslles que a título individual poden presentar unha queixa dirixida ás mesmas instancias.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO

Para a organización do primeiro día de curso achégase a seguinte información que deben ter en conta o alumnado e as súas familias:

1.     As clases comezarán o xoves 8 de setembro no horario habitual do centro, ás 08.50h.

2.     O alumnado pode empregar o transporte escolar aínda que non teña o carné. Este entregaráselle no centro ao longo da mañá.

3.     En canto ao acceso ao recinto, débense ter en conta as seguintes cuestións:

a.     O alumnado que accede a pé ou chega en transporte escolar debe circular polas beirarrúas.

b.     O alumnado que accede en vehículo particular ten que baixar na rotonda e o vehículo debe abandonar o recinto.

4.     O alumnado terá que acceder ao interior do centro ás 08.45h, cando toca o primeiro timbre, e dirixirse á súa aula (o grupo pódese consultar no perfil da aplicación móbil Abalar). Os planos das aulas atópanse no documento adxunto. En caso de chuvia, o alumnado poderá acceder ao interior do centro a partir das 08.30h.

a.     O alumnado da planta baixa debe acceder pola porta de emerxencia lateral.

b.     O alumnado da primeira e segunda planta debe acceder pola porta principal.

5.     As dúas primeiras sesións da mañá, o alumnado estará coa súa titora/titor, quen lle facilitará información xeral sobre o centro e poderá resolver as dúbidas que xurdan.

6.     A partir da terceira sesión de clase, despois do primeiro recreo, o alumnado seguirá o horario do seu grupo.

7.     As clases rematan no horario habitual, ás 14.30h.

a.     Os vehículos particulares non poden abandonar o recinto ata que saian os autobuses.

8.     O uso de máscara no centro non é obrigatorio. Non obstante, o alumnado que emprega o transporte escolar si debe empregar máscara no interior do autobús.

CALENDARIO FIN DE CURSO 2021-2022

 

DATA

CURSO

22 de xuño

Recollida de libros do Fondo de libros

Recollidos do equipamento informático en empréstito

23 de xuño

16:00

Publicación en ABALAR das cualificacións finais

27 de xuño

10:00

Entrega de boletíns de cualificacións, consellos orientadores (2º e 4ºESO) e certificacións académicas (4ºESO)

11:00

Entrega de Diplomas de Excelencia Académica no souto

Entrega de Diplomas ESO no souto

27 e 28  de xuño

9:00 a 13:00

Reclamacións de cualificacións perante os departamentos

INFORMACIÓN E CALENDARIO FP BÁSICA

INFORMACIÓN XERAL FP BÁSICA

http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica

 

 CALENDARIO ADMISIÓN FP BÁSICA CURSO 2022-2023

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

Atendendo ó publicado na Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, dáselle publicidade á modificación da concreción curricular do IES de Poio que afecta ós criterios de avaliación, promoción e titulación na ESO e no BACHARELATO así coma ós criterios de concesión da matrícula de honra en 4º ESO e 2º BACHARELATO.

ABERTA A CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS 2022/2023

O Ministerio de Educación e Formación profesional publicou a convocatoria para solicitar as bolsas de estudos para o curso 2022-2023.

O prazo para solicitar ditas bolsas abrangue dende o 30 de marzo ata o 12 de maio e a solicitude deberá presentarse de forma electrónica na sede do Ministerio de Educación no seguinte enlace:  

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707   

Poderá solicitar estas bolsas de estudos o alumnado que o curso próximo desexe cursar Formación Profesional Básica, Ciclo Medio, Bacharelato, Ciclo Superior ou estudos universitarios, aínda que no prazo de presentación non teña decidido cal destas opcións cursarán finalmente.

No seguinte enlace pódese acceder á convocatoria e a toda a información relativa a estas bolsas de estudo:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

CONSELLO ESCOLAR 2021/2022

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO IES DE POIO
Con data 9 de decembro de 2021 queda constituído o Consello Escolar do IES de Poio cos seguintes membros:

Dª María Rodríguez García
Dª Gabriela de los Santos Gago
Dª Elena García Rodríguez

REPRESENTANTES SECTOR DOCENTES:

Dª. Sabela Bará Louro
Dª. Montserrat Bragado Trigo
Dª: Rocío Gómez Arias
Dª. Paula López Senín
Dª. Mª del Carmen Mosquera González 
Dª. Mª Ángeles Pandelo Lorenzo

Dª. Maider Rodríguez Puy

REPRESENTANTES SECTOR ALUMNADO:

Dª Claudia Alonso Hermida

Dª. Luna Campos Montes
Dª Nuria Da Silva Fernández
D. Steven Jorge Holguin

REPRESENTANTES SECTOR FAMILIAS:

Dª. Carolina Gómez Monteagudo
D. Juan Pedro Sanz Trujillo (representante nomeado pola ANPA)

REPRESENTANTE PERSOAL ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

Dª. Mª Jesús Vázquez Garea

REPRESENTANTE CONCELLO:

Dª. Raquel Rodríguez Alonso

 

En Poio, a 10 de decembro de 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut