Skip to Content

ABERTA A CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS 2022/2023

O Ministerio de Educación e Formación profesional publicou a convocatoria para solicitar as bolsas de estudos para o curso 2022-2023.

O prazo para solicitar ditas bolsas abrangue dende o 30 de marzo ata o 12 de maio e a solicitude deberá presentarse de forma electrónica na sede do Ministerio de Educación no seguinte enlace:  

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707   

Poderá solicitar estas bolsas de estudos o alumnado que o curso próximo desexe cursar Formación Profesional Básica, Ciclo Medio, Bacharelato, Ciclo Superior ou estudos universitarios, aínda que no prazo de presentación non teña decidido cal destas opcións cursarán finalmente.

No seguinte enlace pódese acceder á convocatoria e a toda a información relativa a estas bolsas de estudo:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html



page | by Dr. Radut