Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO

Para a organización do primeiro día de curso achégase a seguinte información que deben ter en conta o alumnado e as súas familias:

1.     As clases comezarán o xoves 8 de setembro no horario habitual do centro, ás 08.50h.

2.     O alumnado pode empregar o transporte escolar aínda que non teña o carné. Este entregaráselle no centro ao longo da mañá.

3.     En canto ao acceso ao recinto, débense ter en conta as seguintes cuestións:

a.     O alumnado que accede a pé ou chega en transporte escolar debe circular polas beirarrúas.

b.     O alumnado que accede en vehículo particular ten que baixar na rotonda e o vehículo debe abandonar o recinto.

4.     O alumnado terá que acceder ao interior do centro ás 08.45h, cando toca o primeiro timbre, e dirixirse á súa aula (o grupo pódese consultar no perfil da aplicación móbil Abalar). Os planos das aulas atópanse no documento adxunto. En caso de chuvia, o alumnado poderá acceder ao interior do centro a partir das 08.30h.

a.     O alumnado da planta baixa debe acceder pola porta de emerxencia lateral.

b.     O alumnado da primeira e segunda planta debe acceder pola porta principal.

5.     As dúas primeiras sesións da mañá, o alumnado estará coa súa titora/titor, quen lle facilitará información xeral sobre o centro e poderá resolver as dúbidas que xurdan.

6.     A partir da terceira sesión de clase, despois do primeiro recreo, o alumnado seguirá o horario do seu grupo.

7.     As clases rematan no horario habitual, ás 14.30h.

a.     Os vehículos particulares non poden abandonar o recinto ata que saian os autobuses.

8.     O uso de máscara no centro non é obrigatorio. Non obstante, o alumnado que emprega o transporte escolar si debe empregar máscara no interior do autobús.

AdxuntoTamaño
IES DE POIO_PLANOS DISTRIBUCIÓN AULAS E ENTRADAS 2022 2023.pdf858.4 KB


page | by Dr. Radut