Skip to Content

Novas

ENQUISA PARA A DIAGNOSE E SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.

O alumnado realizará a enquisa no centro. As familias recibirán o código de acceso á enquisa a través do alumnado.

- "Recollida de datos para o alumnado da ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

- "Recollida de datos para o alumnado de BACH e CICLO" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

- "Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA XERAL DE BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO PARA NIVEIS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

Informámoslles que na páxina do Ministerio de Educación y FP foron publicadas as resolucións definitivas correspondentes ao curso 2020/2021 da Convocatoria Xeral de Bolsas e Axudas ao Estudo para Niveis Postobrigatorios Non Universitarios e da Convocatoria para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

As datas para a presentación de Recurso Reposición das dúas convocatorias son do 13/04/2021 ata o 12/05/2021, ambos días incluídos. No documento adxunto está o modelo de recurso de reposición que poden utilizar se o desexan.

A listaxe de alumnos que obtiveron bolsa na convocatoria figura no taboleiro de Secretaría.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA SEN NESGO DE XÉNERO

O Departamento de Orientación pon a disposición do alumnado e das familias os seguintes recursos para unha orientación académica sen nesgo de xénero.

Orienta STEAM e xénero

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC

Encontros virtuais dirixidos ao alumnado de Ensino Medio que se celebrarán virtualmente os días 23, 24 e 25 de marzo. O horario das videoconferencias impartidas polos diferentes servizos e titulacións pódense atopar nesta ligazón.

BOAS FESTAS!

Dende o IES de Poio desexámosvos unhas boas festas e os mellores desexos para o vindeiro ano 2021.

Volvémonos a ver o venres 8 de xaneiro con forzas renovadas.

Bo Nadal!

ANDREA E UXÍA GAÑAN O 1º PREMIO DO I CONCURSO DE CIENCIA LUÍS GUSTAVO RODRÍGUEZ TABOADA

Adaptada á nova realidade, fíxose a entrega de premios virtual do I Concurso de Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada, organizado polo IES Laxeiro de Lalín. O 1º premio foi para Andrea Ferrer e Uxía Villaverde (2º BACH A), que participaron co seu vídeo “A química e o submarinismo”, animadas pola súa profesora de Física e Química en 1º de Bacharelato, Paula López Senín. Moitísimos parabéns!

RECOLLIDA DAS MÁSCARAS DO ALUMNADO ADMITIDO NO PROCEDEMENTO

O alumnado beneficiario do cheque de material escolar é beneficiario tamén do reparto de máscaras facilitadas pola Consellería de Educación. 

Rematado o prazo de tramitación da axuda, o pai, a nai ou o/a titor/a legal de dito alumnado matriculado en:

- 1ºESO pode pasar a recoller esas máscaras no centro educativo O MÉRCORES 9 DE DECEMBRO DE 9:15 A 10:30h.

3ºESO pode pasar a recoller esas máscaras no centro educativo O MÉRCORES 9 DE DECEMBRO DE 11:00 A 12:20h.

2ºESO pode pasar a recoller esas máscaras no centro educativo O XOVES 10 DE DECEMBRO DE 9:15 A 10:30h.

- 4ºESO pode pasar a recoller esas máscaras no centro educativo O XOVES 10 DE DECEMBRO DE 11:00 A 12:20h.

As familias que non podan achegarse dentro dese horario, deben poñerse en contacto co instituto en horario de atención ao público para fixar outro horario de recollida.

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Atendendo ao indicado na ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, publicada no DOG do venres 13 de novembro de 2020, faise pública a listaxe PROVISIONAL de alumnado admitido. As persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

HORARIOS ESPELLO

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, preséntanse os horarios espello que se aplicarían de producirse o confinamento dun grupo ao completo, e que coinciden cos horarios ordinarios.

 

Como mínimo, o 60% da carga lectiva de cada materia será de conexión e a parte proporcional restante será para a realización de tarefas autónomas do alumnado. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut