Skip to Content

Novas

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Ante a publicación no DOG do día 31 de xaneiro, da Orde do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, poden atopar nos adxuntos os documentos de interese.

O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o día 1 ao 28 de febreiro.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Infórmase ás familias de que con data de 12 de novembro publícase a Orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centro privados concertados no curso 2021/2022.

 

Segundo a devandita orde, entregaranse máscaras ao alumnado matrículado na ESO:

 

1. Que fose beneficiario do cheque para adquirir material escolar. Este alumnado levará a folla de recepción de máscaras para a casa e deberá ser asinada polos/as representantes legais. Cando o alumnado devolva ese documento na Administración do centro educativo, xa recollerá as máscaras que lle correspondan.

 

2. Que non fose beneficiario do cheque para adquirir material escolar, pero pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€ ou estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha disapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar. Este alumnado deberá presentar no instituto o anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no portal educativo www.edu.xunta.gal ou no centro educativo. O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles contados a partires do 12 de novembro.

 

Para máis información poden consultar a Orde.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Ao abeiro da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e FP, o vindeiro luns 22 de novembro celebraranse as eleccións de membros do Consello Escolar do IES de Poio.

O sorteo para a constitución das mesas electorais terá lugar o 17 de novembro ás 12.30h perante as persoas integrantes da Xunta Electoral.

As votacións dos diferentes sectores terán lugar o luns 22 de novembro no seguinte horario:

- ALUMNADO: 09-14h

- REPRESENTANTES LEGAIS DO ALUMNADO: 15-19h

- DOCENTES: 12.30h-13.00h

- PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: 14-15h

Lémbrase a todas as persoais integrantes da comunidade educativa que os censos electorais están á súa disposición no taboleiro de Administración e poden consultarse de 09 a 14h. O prazo para a presentación de candidaturas remata o martes 16 de novembro.

TITORÍAS 2021/2022

Grupo

Titor/a

1º ESO A

Victoria Estévez González

1º ESO B

Yolanda Fojo Lage

1º ESO C

Salomé Bailón Redondo

1º ESO D

Víctor Alonso Macías

1º ESO E

Celia Couso Miguélez

2º ESO A

Tania García Conde

2º ESO B

Mª Isabel Gutiérrez Matilla

2º ESO C

Irene Ramos González

2º ESO D

Antonio López Pérez

3º ESO A

Carlos Torrado Alonso

3º ESO B

Lucía Mosquera Novoa

3º ESO C

Sergio Piñeiro Fernández

3º ESO D

Ainara García Doval 

4º ESO A

Mercedes Noya Souto

4º ESO B

Carmen Fernández Vázquez

4º ESO C

Patricia Sóñora Rey (subst. Pilar Otero Magdalena)

4º ESO D

Paula Penedo García

1º BAC A

Beatriz Cela Roca

1º BAC B

Laura Fernández Sasiaín

2º BAC A

Montserrat Bragado Trigo

2º BAC B

Maider Rodríguez Puy

Ciclo Medio

Carlos Besada Rico

COMUNICADO DO EQUIPO DIRECTIVO ÁS FAMILIAS: MOBILIZACIÓNS NO IES DE POIO POLOS DEREITOS DO ALUMNADO

No documento adxunto poden atopar un comunicado urxente dirixido ás familias do alumnado do centro.

INDICACIÓNS PARA AS ENTRADAS E SAÍDAS

Recordamos que o protocolo de entrada e saída do alumnado establece a seguinte prioridade de paso:

1º. O alumnado que circula a pé

2º. O transporte escolar

3º. Os vehículos particulares

Tanto nas entradas como nas saídas, os vehículos deben ceder o paso ao alumnado e aos autobuses

  • Nas entradas, os vehículos deben circular ata a rotonda, o lugar onde debe baixar o alumnado.
  • Nas saídas, os vehículos teñen que agardar a que os autobuses abandonen o recinto para poder saír. Non se pode estacionar nas zonas marcadas en amarelo nin en ningún punto que bloquee o paso doutros vehículos e dos autobuses.

Ademais, informamos de que, pola seguridade do alumnado, durante os recreos (10.30h a 10.50h e 12.30h a 12.50h) non se permitirá o acceso de vehículos ao centro educativo.

INFORMACIÓN XERAL PARA ALUMNADO E FAMILIAS - CURSO 2021/2022

Clicando na imaxe poden acceder a un documento con información xeral do curso 2021/2022.

DISTRIBUCIÓN DAS AULAS E DAS ENTRADAS NO CURSO 2021/2022

Este curso 2021/2022 o alumnado volverá acceder ao centro por portas de entrada diferenciadas:

  • Porta principal: acceso dos grupos da primeira planta e de 4º ESO A e B.
  • Porta lateral dereita (porta de emerxencia sur): acceso dos grupos da planta baixa.
  • Porta traseira (porta de emerxencia este): acceso dos grupos de Bacharelato e Ciclo Medio.

Nesta ligazón poden consultar como será a distribución das aulas este curso académico. Recordamos que o mércores 15 de setembro, o día de inicio de curso, o alumnado deberá ir directamente á súa aula onde será recibido pola súa titora ou titor. Terá que entrar pola porta correspondente.

HORARIO DO CICLO MEDIO DE GUÍA NO MEDIO NATURAL E DE TEMPO LIBRE

No documento adxunto poden atopar o horario 2021/2022 do Ciclo Medio que se imparte no noso centro educativo.

A presentación do curso 2021/2022 realizarase ás 08.50h do mércores 15 de setembro na aula asignada ao grupo de 1º Ciclo Medio, situada na segunda planta do centro educativo (consultar planos).

Distribuir contido


by Dr. Radut