Skip to Content

INCIDENCIAS NO TRANSPORTE ESCOLAR DO IES DE POIO

Ante as incidencias desta mañá co transporte escolar do instituto: alumnado dunha parada sen praza na liña asignada no traxecto de ida cara o instituto; prazas insuficientes para todo o alumnado nunha liña no traxecto de volta, 5 liñas que chegan con retraso e case tódalas liñas sen o cartel co número identificativo de cada liña, dificultando así que o alumnado suba ó autobús correcto; a dirección deste centro vai presentar unha queixa ante a empresa, o servizo complementario de transporte da Consellería de Educación e a Consellería de infraestructuras e mobilidade para que non se volva dar esta situación.

No caso de que se produzan outros incidentes nos que o alumnado se vexa afectado, lembrámoslles que a título individual poden presentar unha queixa dirixida ás mesmas instancias.



page | by Dr. Radut