![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Concurso de Viaxe
Enviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 13:01 A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado.
Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A).
![]() |
![]() |
![]() |
Recollida de tapóns
Enviado por admin o Xov, 19/12/2019 - 23:20A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. O alumando de 1.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña.
Como en ocasións anteriores a recadación irá destinada á campaña de Alba, la promesa. Desde aquí enviámoslles un afectuoso saúdo a Alba e a súa familia... xunto con algúns quiliños de tapóns cos nosos mellores desexos.
Campaña de Nadal para o Banco de Alimentos (Cáritas Mugardos)
Enviado por admin o Ven, 13/12/2019 - 15:00Un ano máis está en marcha a recollida de alimentos non perecedeiros con destino a Cáritas-Mugardos.
As achegas poden depositarse na mesa situada diante das oficinas do instituto antes do 20 de decembro.
Moitas grazas!
Folga do profesorado (12 de decembro)
Enviado por admin o Mér, 11/12/2019 - 21:48Mañá, xoves 12 de decembro, está convocada unha folga do persoal docente no ensino público non universitario galego.
O centro vai garantir a atención a todo o alumnado que acuda ao instituto a través dos servizos mínimos estipulados pola Consellería de Educación, aínda que o seguimento da folga pode afectar aos horarios das distintas sesións.
A folga foi convocada por todos os sindicatos con representación na Mesa Sectorial (por orde de representación: CIG-Ensino, CCOO, ANPE, FETE-UXT, STEG, CSIF).
Peche da cafetaría
Enviado por admin o Mar, 10/12/2019 - 18:20
AVISOSentimos ter que informar
|
Final e entrega dos premios do XXII Campionato de Polinomios (venres, 22 de novembro)
Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 20:52Autorización programas REFORZA-T (1.º, 2.º ESO, FPB) e PREMAT (3.º e 4.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 19:23Lección inaugural (ESO): Monitoras do Centro do Caldoval
Enviado por admin o Mér, 18/09/2019 - 20:28As monitoras do Centro de Interpretación do Xacemento do Caldoval, Vero e Sara, impartiron este luns a lección inaugural para o alumnado da ESO. Transmitiron a importancia do coñecemento da cultura latina en contacto cos pobos castrexos para comprendermos as nosas orixes. Achegaron tamén as características especiais dos restos conservados en Mugardos centrados no mundo das termas e os deportes.
Por último, formularon aos estudantes o misterio da estrutura cónica única en Mugardos e da que non se coñecen noticias da súa existencia noutras partes da romania. Queda no aire a pregunta: cal era a súa utilidade? Formula a túa hipótese.
VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE
Enviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 11:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS
Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza
MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
