![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Educación física
Roda cubana de baile
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 22:21Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.
Fase final do campionato de fútbol
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 21:31Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.
Exhibición de tenis
Enviado por admin o Dom, 24/12/2017 - 13:25Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.
Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.
César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.
Moitas grazas.
Magosto e xincana deportiva
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2017 - 11:54Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.
Campionato de fútbol sala
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 20:04Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección.
Skate e patinaxe
Enviado por admin o Sáb, 28/10/2017 - 11:17Este venres tivo lugar no recreo unha demostración práctica de skate e patinaxe a cargo da asociación Gazapo. A actividade, patrocinada polo concello de Ares, tamén concluíu cun chamamento a todas as persoas interesadas en continuar desfrutando da sensación sobre rodas para formar un grupo os sábados pola mañá en Ares.
Campionato de voleibol
Enviado por admin o Xov, 22/06/2017 - 19:33Esta mañá xogárose as finais do campionato mixto de voleibol nas categorías infantil e xuvenil. O remate foi o esperado partido entre alumnos/as e profesores/as. Gañou a deportividade.
Deporte escolar: actividades na praia de Ares
Enviado por admin o Mar, 23/05/2017 - 20:39Grazas á organización dos servizos de deportes dos concello de Mugardos e Ares, os nosos alumnos de 1.º e 2.º ESO puideron gozar a semana pasada dunha estupenda mañá de actividade física no areal de Ares. A programación incluíu a práctica de volei praia, windsurf, canoa, paddle surf, vela...
A ritmo de zumba e hip-hop
Enviado por admin o Lun, 15/05/2017 - 18:06Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.
Torneo de volei mixto
Enviado por admin o Mar, 09/05/2017 - 18:36Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.
Curso de "Soporte Vital Básico"
Enviado por admin o Mar, 02/05/2017 - 21:18O profesorado terá a oportunidade de asistir a longo das próximas semanas a varias sesión do curso de "Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática" a cargo da xefa do departamento de Educación Física, Leticia Ogando. Aproveintando a presenza no centro de catro bonecos de práctica para a reanimación cardiopulmonar, pasaran polos grupos de alumnos para recibir coñecementos adaptados de primeiros auxilios.
CURSO PROFESORADO: Soporte Vital Básico e DESA
Enviado por admin o Lun, 01/05/2017 - 16:24CURSO:
Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática
DURACIÓN:
Mínimo 4 horas para diploma.
DOCENTE:
Leticia Ogando
DÍAS:
Do 2 ao 12 de maio
DÍAS E HORAS:
Mércores: 10:45...........Pavillón
Xoves: 11:35...............Salón de actos ou aula.
Xoves: 12:45...............Salón de actos ou aula.
Venres: 11:35..............Salón de actos ou aula
MATERIAIS:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
