Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

        

Carreira de orientación deportiva

O pasado venres os alumnos e alumnas de 1º da ESO gozarn dunha sesión de dúas horas para facer unha carreira de orientación na contorna do centro. A actividade tivo lugar no Baño, aproveitando o fermoso día de sol que nos acompañou.
A xornada foi preparada polo alumnado de 3º da ESO durante varias sesións previas, e consistiu na colocación de balizas de orientación en rumbos previamente medidos e establecidos por eles mesmos. Cada grupo de 1º da ESO contou cun "padriño" ou "madriña" de excepción, xa que contamos coa colaboración dos alumnos de Tecnoloxía de 1º de Bacharelato, co seu profesor Diego Calvo á cabeza. Os padriños guiaron ós pequenos na interpretación dos mapas e acompañáronos durante os desprazamentos e na carreira (mesmo algún correu todo o tempo con eles).
Os rapaces e rapazas de 3º da ESO establecéronse en "postas" ás cales acudían os distintos grupos a realizar pequenas e divertidas probas antes de buscar a seguinte baliza, e asinaban a tarxeta de control de cada grupo.
Aínda que houbo algún grupo que foi quen de atopar case todas as balizas, prevaleceu o espírito participativo e a convivencia nesta xornada na que os pequenos tiveron oportunidade de convivir cos maiores nunha contorna segura, aprendendo que se pode gozar do medio natural preservándoo e coidándoo.