Skip to Content

            

    

 

 

Ciencias Naturais, Departamentos didácticos, Economía, Educación Física, Eléctrónica, Filosofía, Física e Química, FOL, Forestais e Agraria, Francés, Galego, Grego e Latín, Historia, Inglés, Lingua Castelá, Matemáticas, Música, Normalización, Orientación, Plástica, Relixión, Tecnoloxía

Alumnos do noso centro participan na X edición do Parlamento Xove.

Os días 8 e 9 de marzo, os alumnos Xoán Caramés, Douaa Ahlioui, Lucía Vázquez e Nerea Carballo, acompañados pola profesora Esther Casal, participaron como equipo de debate no "Parlamento Xove 2019" que se celebrou no CRDO da Coruña. Dende o centro queremos felicitalos pola súa iniciativa e resultados acadados, parabéns!

Un alumno do noso centro recibe o premio extraordinario de FP.

O pasado día 22 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios extraordinarios de FP, bacharelato e ensinanzas artísticas outorgados pola consellería de educación.

Nese acto, o alumno do noso centro Jesús Regal Rodríguez, do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural recolleu o "Premio extaordinario de ciclo superior de FP 2016/2017".

Dende o centro queremos felicitalo pola obtención deste premio e desexarlle moito éxito na sua carreira profesional.

Na imaxe inferior aparece acompañado pola directora María Garrído e a xefa de estudos Pilar Pérez. Pódese acceder á galería de fotos premendo na imaxe.

Presentacións de fitopatoloxía

Preme aquí para acceder ao contido.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut