Skip to Content

Xornada portas abertas escola politécnica de enxeñería de Ferrol

O venres 23 de xuño celebrarase unha Xornada de Portas Abertas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña. Nela daranse a coñecer as titulacións de grao que se imparten no centro, así como os seus principais laboratorios.

 

Trátase dunha xornada aberta a todo o público e dirixida especialmente ao futuro alumnado procedente de bacharelato ou de ciclos superiores de FP.

 

Na documentación adxunta figura os folleto informativo e no enlace se pode acceder ao formulario de inscripción.

Certame Museo do Humor

A alumna de 1º ESO do noso centro, Salma García Castro gañou o 2º premio de Certame convocado polo Museo de Humor Xaquín Marín (Concello de Fene) e Demo Editorial co traballo presentado con título "A galiña"

O xurado valorou a capacidade de síntese da autora, o uso de humor a través do xogo de palabras e o uso da cor e da metalinguaxe do cómic.

Parabéns

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2023/2024

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Forma de presentación:

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na  aplicación  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

 

Distribuir contido


by Dr. Radut