PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS E ENTREGA DE LIBROS DO FONDO

LEMBRAMOS QUE, TAL E COMO RECOLLE A ORDE DA CONSELLERÍA QUE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS FARASE O VENRES, 13 DE SETEMBRO.

A ENTREGA DE LIBROS FARASE A PARTIR DO LUNS, 16 DE SETEMBRO NAS QUENDAS DAS QUE AVISAREMOS A TRAVÉS DESTA PÁXINA.

O PROFESORADO VAI SER COMPRENSIVO CO ALUMNADO QUE, COMEZADAS AS SESIÓNS LECTIVAS, NON TEÑA LIBRO DE TEXTO PORQUE ESTÁ Á ESPERA DE RECIBIR OS LIBROS DE ADQUISICIÓN COMPLEMENTARIA.

 

ENTREGA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL (FONDO DE LIBROS)

As familias beneficiarias das axudas do fondo de libros para o curso 2019/2020 (SÓ EN CASO DE QUE O ALUMNADO APROBARA TODAS AS MATERIAS EN XUÑO) PODEN RECOLLER OS VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL NA SECRETARÍA DO CENTRO OS DÍAS MÉRCORES. 4 DE SETEMBRO OU MARTES, 10 DE SETEMBRO EN HORARIO DE OFICINA (9:00-14:00). De non facelo así, tamén os poderán recoller a partir do 16 de setembro no mesmo lugar e horario.

EN TODO CASO, A ENTREGA DO VALE SÓ SE FARÁ AO SOLICITANTE DA AXUDA (PAI, NAI OU TITOR LEGAL) OU AO ALUMNO/A QUE TRAIA AUTORIZACIÓN ESCRITA DO SOLICITANTE.

MATRÍCULA SETEMBRO 2019

As datas de matrícula para o alumnado que tivo que asistir á convocatoria extraordinaria de setembro son as seguintes:

 

1º ESO: Venres 6 de setembro 11:00-12:00

 

2º ESO: Venres 6 de setembro 10:00-11:00

 

3º ESO: Venres 6 de setembro 9:00-10:00

 

4º ESO: Xoves 5 de setembro 11:00-12:00

 

1º BAC: Xoves 5 de setembro 12:00-13:00

 

2º BAC: Xoves 5 de setembro 12:00-13:00

ENTREGA DE NOTAS DA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO:

Xoves 5 de setembro de 2019 ás 10 horas nas aulas respectivas.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS

Nas seguintes ligazóns pódense consultar as listaxes provisionais (corrixidas con respecto á publicada o venres 12 de xullo) de solicitudes admitidas e excluídas para a participación no fondo solidario de libros do curso 2019-2020:

SOLICITUDES ADMITIDAS SOLICITUDES EXCLUÍDAS
Distribuir contido