Orientación
O BO USO DAS REDES SOCIAIS. GUÍAS PARA FAMILIAS
Enviado por claragoas o Ven, 18/12/2020 - 08:13O panorama actual que se observa na nosa sociedade e no noso centro educativo, crea a necesidade de que os adultos teñamos un amplo coñecemento do uso adecuado das novas tecnoloxías e das redes sociais para poder ensinarllo aos máis novos.
A continuación aparecen os enlaces a tres guías moi interesantes e esclarecedoras con contidos e recursos que nos permitirán educar dunha maneira óptima aos rapaces e rapazas neste ámbito.
Guía para mediación das familias nas Redes Rociais
Un saúdo
A orientadora
COMO ELIXIR OS ESTUDOS AO REMATAR BACHARELATO
Enviado por claragoas o Xov, 07/05/2020 - 05:55Se estás en Bacharelato e non tes claro o que estudar cando remates, podes facer o seguinte:
1. Abre o arquivo adxunto con multitude de recursos para investigar
2. Le a reportaxe "Como elixir unha carreira" (YAQ.es)
3. Realiza algúns dos test que se ofrecen no arquivo, ou busca outros tests en publicacións anteriores.
4. Investiga sobre grados universitarios ou ciclos de formación profesional nos buscadores que se ofrecen ou directamente nas páxinas das universidades e ciclos (tes as direccións no cuaderniño de orientación).
5. Podes contactar con outros universitarios para ter información de primeira man (unigow.com)
6. Reflexiona ben antes de tomar unha decisión...
-
CUESTIONARIOS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
Enviado por claragoas o Lun, 30/03/2020 - 08:47
Queridos e queridas:
Algunhas e algúns de vós buscades orientación porque non tedes claro que estudar no futuro. Nesta publicación atoparedes enlaces a varios test online dos que podedes facer uso. Pódenvos dar ideas para a toma de decisións da vosa carreira académica e profesional:
1.
Test de intereses profesionais en bacharelato
Test e información para escoller un ciclo de Formación Profesional
Test de intereses profesionais sobre ciclos de Formación Profesional
Test de intereses profesionais sobre ciclos de Formación Profesional (2)
Espero que vos sexan de utilidade
Para facer consultas podédesme escribir ao correo claragoas@edu.xunta.gal
Un saúdo da vosa orientadora
Clara Goás Vargas
Orientaline: Orientación académica e profesional
Enviado por jota o Mér, 04/12/2019 - 07:18No seguinte enlace atoparás información sobre ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL actualizada (ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Ensinanzas artísticas...). Podes buscar datos sobre matrículas, becas, itinerarios formativos...
Se o necesitas, realiza os CUESTIONARIOS para coñecer as mellores opcións educativas segundo as túas cualidades e intereses.
Guía de orientación académica e profesional TI ELIXES
Enviado por claragoas o Mér, 04/12/2019 - 07:01No seguinte enlace podes atopar información sobre educación, emprego e bolsas de axuda (becas):
