Taboleiro
Atividades para os días sen aulas / Activités pour les jours sans cours
Enviado por xlrivas o Mér, 06/10/2021 - 05:56
Para os días sen aulas, este curso 2021-22, o Dpto de Francés utilizará a Aula Virtual do IES Canido.
O alumnado atopará alì as actividades realizadas na súa ausencia así como as posibles probas de avaliación, se fose necesario.
INFORMES SOBRE OS CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN
Enviado por berta o Ven, 03/04/2020 - 15:03Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, o profesorado tivo que poñer as cualificacións do alumnado co traballo e probas realizadas ata o día da suspensión das aulas, como así o indicou a Consellería de Educación.
Como moitos contidos traballados durante a segunda avaliación quedaron pendentes de avaliar, pretendemos aclarar as posibles dúbidas do alumnado sobre se debe seguir repasándoos ou debe centrarse en contidos novos. Por iso, nos seguintes enlaces atópase dispoñible a información do profesorado de cada materia sobre se eses contidos pasan a formar parte da terceira avaliación e ser obxecto dalgún tipo de proba ou ben xa se consideran avaliados.
O martes 14 de abril comezaremos a terceira avaliación a distancia. Informaremos á volta da Semana Santa da organización das clases, pero sempre tendo en conta que aínda non temos ningunha certeza por parte das autoridades de como se vai desenvolver o resto do curso. Toda a información proporcionada fica supeditada aos posibles cambios debidos á situación actual.
Para calquera dúbida, estaremos á súa disposición no correo electrónico do centro: ies.canido@edu.xunta.es
Moitas grazas e moito ánimo!
INFORME 2º ESO A INFORME LINGUA GALEGA 2º ESO
INFORME 3º ESO A INFORME LINGUA GALEGA 3º ESO INFORME PLÁSTICA 3º ESO
INFORMACIÓN SOBRE O CALENDARIO ESCOLAR E A ABAU
Enviado por berta o Mér, 25/03/2020 - 14:56A Consellería de Educación publicou no día de hoxe, 25 de marzo de 2020, a seguinte información sobre o tratado na Conferencia Sectorial de Educación onde se recollen as previsións do calendario escolar, as avaliacións e a ABAU.
Para máis información, prema no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634
TRABALLO PARA 4º ESO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
Enviado por berta o Mar, 17/03/2020 - 08:08No seguinte enlace podedes descargar o traballo que debedes realizar durante o peche do centro.
Moito ánimo, rapaces!
TRABALLO SOBRE BORGES 4º ESO B
ACTIVIDADE 1 LINGUA CASTELÁ 4º ESO A
ACTIVIDADE 2 LINGUA CASTELÁ 4º ESO A
ACTIVIDADE 3 LINGUA CASTELÁ 4º ESO A
INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO DE 3º ESO DURANTE O PECHE DO CENTRO
Enviado por berta o Mar, 17/03/2020 - 07:58No seguinte enlace podedes descargar o traballo que debedes realizar durante o peche do centro na materia de Inglés de 3º ESO.
Moito ánimo, rapaces!
