O 26 de abril publicouse no BOE a resolución do 20 de abril pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 23-24.
O prazo extenderase do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
Pódese consultar o extracto da resolución no enlace.
A alumna de 1º da ESO do noso centro, Sara Gomis, gañou o premio "Poesía e Imaxe" convocado polo equipo de normalización lingüística do Concello de Ferrol.
O 17 de marzo publicouse a convocatoria de becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudios post-obrigatorios. O prazo de presentacións de solicitudes é dende o 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023.
No enlace está a información e acceso para facer a solicitude en liña.
Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.