Skip to Content

Novas

INFORME SOBRE A 3ª AVALIACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

No seguinte enlace podedes consultar os criteiros de avaliación e cualificación que se aplicarán durante o terceiro trimestre nas materias de 2º de Bacharelato.

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

INFORME 2º BAC

AVISO IMPORTANTE SOBRE ABALAR

Debido ás circunstancias actuais estase utilizando o espazo Abalar como canle de comunicación principal coas familias. No caso de detectar erros ou problemas na recepción das notificacións ou das cualificacións, pregamos que se poñan en contacto co centro a través do correo electrónico (ies.canido@edu.xunta.gal) para solucionalos o antes posible.

INFORMES SOBRE OS CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, o profesorado tivo que poñer as cualificacións do alumnado co traballo e probas realizadas ata o día da suspensión das aulas, como así o indicou a Consellería de Educación.

 

Como moitos contidos traballados durante a segunda avaliación quedaron pendentes de avaliar, pretendemos aclarar as posibles dúbidas do alumnado sobre se debe seguir repasándoos ou debe centrarse en contidos novos. Por iso, nos seguintes enlaces atópase dispoñible a información do profesorado de cada materia sobre se eses contidos pasan a formar parte da terceira avaliación e ser obxecto dalgún tipo de proba ou ben xa se consideran avaliados.

 

O martes 14 de abril comezaremos a terceira avaliación a distancia. Informaremos á volta da Semana Santa da organización das clases, pero sempre tendo en conta que aínda non temos ningunha certeza por parte das autoridades de como se vai desenvolver o resto do curso. Toda a información proporcionada fica supeditada aos posibles cambios debidos á situación actual.

 

Para calquera dúbida, estaremos á súa disposición no correo electrónico do centro: ies.canido@edu.xunta.es

 

Moitas grazas e moito ánimo!

 

INFORME 1º ESO A

INFORME 1º ESO B

INFORME 2º ESO A          INFORME LINGUA GALEGA 2º ESO

INFORME 2º ESO B

INFORME 3º ESO A          INFORME LINGUA GALEGA 3º ESO          INFORME PLÁSTICA 3º ESO

INFORME 3º ESO B

INFORME 4º ESO A

INFORME 4º ESO B

INFORME 1º BAC A

INFORME 1º BAC B

INFORME PFB

 

INFORMACIÓN SOBRE O CALENDARIO ESCOLAR E A ABAU

A Consellería de Educación publicou no día de hoxe, 25 de marzo de 2020, a seguinte información sobre o tratado na Conferencia Sectorial de Educación onde se recollen as previsións do calendario escolar, as avaliacións e a ABAU.

Para máis información, prema no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

TRABALLO PARA 4º ESO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

No seguinte enlace podedes descargar o traballo que debedes realizar durante o peche do centro.

 

Moito ánimo, rapaces!

 

TRABALLO SOBRE BORGES 4º ESO B

LINGUA CASTELÁ 4º ESO B

 

ACTIVIDADE 1 LINGUA CASTELÁ 4º ESO A

ACTIVIDADE 2 LINGUA CASTELÁ 4º ESO A

ACTIVIDADE 3 LINGUA CASTELÁ 4º ESO A

 

Distribuir contido


by Dr. Radut