Probas de Acceso a Ciclos
Información sobre o calendario e as probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior
Convocatoria das Probas de Acceso a Ciclos Medios e Superiores de FP
Enviado por jota o Mér, 11/01/2017 - 09:07A Consellería de Educación da Xunta de Galicia vén de publicar a Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017. Os prazos de presentación de solicitudes son:
- Para Ciclos Superiores, do 6 ao 15 de febreiro, ambos os dous incluídos.
- Para Ciclos Medios, do 13 ao 23 de marzo, ambos os dous incluídos.
A información completa, no DOG do 5 de xaneiro de 2017.
