Actividades
ESCOLA DE FAMILIAS
Enviado por berta o Lun, 25/10/2021 - 08:50O Concello de Ferrol amplía este curso a formación a través da Escola de Familias.
A prevención de condutas adictivas será o primeiro dos tres módulos que se impartirán (un por cada trimestre), e como o ano anterior, serán de novo Asfedro e Asociación de Exacohólicos as entidades que se encarguen de tutorizar as sesións, que darán comezo o 10 de novembro e se levarán a cabo os mércores ata o 22 de decembro (en total, seis sesións) no salón de actos do edificios social (rúa Sánchez Barcáiztegui 35).
O segundo módulo que se levará a cabo, en febreiro e marzo, será sobre sexualidade dirixido a nais/pais; e o terceiro (derradeiro trimestre do ano), sobre educar na diversidade. Nestes dous módulos participarán outras entidades da cidade expertas en cada un dos temas a abordar.
Podedes descargar o programa e a ficha de inscrición nos seguintes enlaces:
Escola de familias
Enviado por berta o Lun, 01/02/2021 - 17:20Estimadas familias:
A asociación Asfedro e a asociación Ex-Alcohólicos de Ferrolterra, en convenio co Concello de Ferrol oferta a posibilidade de realizar unha Escola de familias con nenos/as en idade escolar.
Na escola abordaranse os seguintes temas:
- A comunicación familiar e os estilos educativos
- Normas e límites
- Adolescencia, drogas e adiccións. Enfoques actuais.
- Prevención de condutas adictivas: Adiccións con sustancia e adiccións comportamentais.
- Riscos das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Levarase a cabo no Centro Municipal de Servizos Sociais na Rúa Sánchez Barcaiztegui do Concello de Ferrol os días 15 e 22 de febreiro e 1, 8, 15 e 22 de marzo de 2021 en horario de 17:00 a 18:30 horas.
Se estades interesadas en participar podedes inscribiros na asociación Asfedro a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com antes do día 10 de febreiro de 2021 adxuntando: Nome e apelidos, número de fillos/as e idade dos mesmos/as, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico. Ou entregar a ficha de inscrición en Xefatura de Estudos.
Para máis información podedes chamar a entidade Asfedro: 981372112 e preguntar pola técnica de prevención.
Moitas grazas.
Anteproxecto da Lei de Convivencia que sustituira ao RD 732/1995
Enviado por reyesmv o Ven, 14/01/2011 - 04:55![]() |
Anteproxecto de Lei de Convivenciaque sustituírá ao actual R.D 732/1995 de Dereitos e deberes dos alumnos e normas de convivencia
|
Actividades ANPA
Enviado por reyesmv o Mér, 01/12/2010 - 05:07Actividades organizadas pola A.N.P.A
Viaxe a Londres
Enviado por andresdp o Lun, 25/01/2010 - 21:06![]() |
Datas e horarios:Ida Venres 5/3/2010 dende A Coruña ás 9:40 Saída en bus dende o centro ás 6:40
Volta Martes 9/3/2010 dende Londres ás 11:35 chegada a Coruña sobre as 14:35 Volta ao centro en bus. Chegada ao centro dependendo de horarios. Nota: O prezo do bus é de 10 € e inclúe a viaxe de ida e volta. |
![]() |
Documentos de interese:Contrato do centro coa axencia (O documento vese do revés porque así foi como nolo enviaron dende a axencia, en calquerea lector de pdf, Adobe Reader por exemplo, pódese xirar en Ver-->Rotar Vista) |
Iremos engadindo nova información dos autobuses, actividades e todo aquelo que sexa relevante.
Vídeo realizado por Raquel López Romero de 4º B
