Taboleiro

Actividades de formación en LINGUAS ESTRANXEIRAS para o alumnado 2013

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.

Solicitudes na seguinte páxina www.edu.xunta.es/axudasle.

Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído)

 Acceso ao DOG da convocatoria

CARTEL INFORMATIVO (TAMÉN NO TABOLEIRO DO CENTRO)


Os alumnos e alumnas de 4º da ESO gañan o 2º Premio no V Concurso Galego de Robótica.

Grupo gañador 

Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º da ESO gañan o 2º Premio no V Concurso Galego de Robótica.

O pasado xoves 28 de febreiro, 41 alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º da ESO participaron no V Concurso Galego de Robótica, organizado por IGACIENCIA e a FUNDACIÓN BARRIÉ, na Coruña.

Estes alumnos debían progamar un robot de "LEGO" para que realizase unha serie de retos que iban aumentando en dificultade. Cada reto conseguido supoñía conseguir puntos.

O grupo que máis puntos acadou (50) colocou o IES Canido na 2ª posición no concurso, onde participaron centros de toda Galicia.

+ FOTOS (actualizadas)

Nova no Diario de Ferrol

Portada da Revista "El comarcal" da Voz de Galicia



EXPOSICIÓN GALEGOS EN MAUTHAUSEN

Galegos en Mauthausen

A mostra “Galegos en Mauthausen”, organizada pola Asociación Memoria Histórica Democrática e o  historiador Enrique Barrera chega ó IES Canido.

A exposición permanecerá aberta desde o luns 18 de marzo ata o vindeiro 8 de abril no salón de actos do centro. As familias poden visitala en horario de tarde, de luns a xoves entre as 17 e as 18:30 horas.

Tanto a exposición como o libro “Galegos en Mauthausen” xurdiu en 2011 dunha iniciativa das asociacións  ferrolás Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán para render homenaxe aos veciños das bisbarras de  Ferrolterra, Eume e Ortegal que padeceron prisión nos campos nazis de exterminio.

 

Festival de Entroido 2013 no IES Canido

Distribuir contido