Taboleiro

Novo alumnado de 1º ESO admitido no IES Canido para o vindeiro curso 2012-13

Comunicamos aos pais que contra esta resolución cabe recurso de alzada ante o delegado provincial no prazo dun mes a partir do día 11 de xuño e que deberán formalizar a matrícula no centro adxudicado no período do 25de xuño ao 10 de xullo tal e como establece a normativa vixente.

 


Inés Santiago, de 3º ESO clasificada para os Campionatos Euopeos deTRIATLÓN

INÉS está clasificada para os Campionatos Europeos Youth de Triatlón na categoría de Cadete,despois de conseguir a medalla de bronce nas Series Nacionais deste tramo de idade,celebradas este fin de semana en Madrid.

 

Parabens!!

A Voz de Galicia , 24 de maio de 2012

 

 

 

 

 


 

Semana do Libro no IES Canido

Troco de libros  do 23 de Abril ao 4 de Maio durante os recreos.

  • Por cada libro que traias recibirás un vale.
  • Por cada vale poderás levar outro libro.

 


Alumnos do IES Canido conseguiron o 3º premio no IV Concurso Galego de Robótica

O pasado xoves, o alumnado de 3º e4º de Tecnoloxía da ESO participou no IV Concurso Galego de Robótica, organizado por IGACIENCIA no CEI-Nodus de Lugo e patrocinado polo Concello e Diputación de Lugo e a Fundación Barrié.

De entre todos os participantes, catro alumnos de 3º da ESO gañaron o 3º premio na categoría da ESO. ! parabens!

Con esta actividade pretendese achegar aos xóves o mundo da intelixencia artificial, a importancia desta na en cuestións relacionadas coa mellora da calidade de vida dos doentes, na loita contra as doenzas e a sostibilidade enerxética.

Cada grupo de participantes tiveron que superar os retos propostos programando e montando o seu robot.

Diario de Ferrol


 

Distribuir contido