AVISO SOBRE O TRABALLO DO ALUMNADO DURANTE O PECHE DO CENTRO

Seguindo as directrices da Xunta de Galicia, durante a xornada do luns publicaranse as actividades propostas polo profesorado para que o alumnado continúe o seu proceso formativo nos seus domicilios. Ditas actividades non terán carácter de avaliables.

Prestarase especial atención á titorización do alumnado de 2º de Bacharelato.

Por mor de labores de mantemento e mellora de servizo por parte da consellería, a aula virtual non estará dispoñible o sábado 14 de marzo desde as 9:00 e por un tempo estimado de 12 horas.

No seguinte enlace teñen unha relación do profesorado do noso centro e a forma de contacto para consultar dúbidas.

Segundo recibamos información, iremos comunicándoa na páxina web e mediante o abalarMobil.

Moitas grazas pola súa paciencia e comprensión.

 

CONTACTO DO PROFESORADO DO IES CANIDO

 

 

AdxuntoTamaño
LIstaxe contacto profesorado suspensión aulas.pdf137.85 KB