MAGOSTO 2021

25N NO IES CANIDO

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como feministas, loitamos contra o machismo e pola igualdade de xénero. Por unha sociedade en que poidamos decidir sobre nós mesmas, sobre a roupa que queremos levar e sobre o noso corpo. Queremos ir pola rúa sen medo de que nos fagan dano e nos asasinen. Pola nosa liberdade sexual, seguridade e integridade.

Demandamos unha lexislación na Educación para que se ensine aos nenos a non violar e non ás nenas a protexerse. Levar a cabo unha boa e inclusiva educación sexual e rematar co tabú da menstruación.

Que se deixen de normalizar discriminacións e abusos subliminais e non subliminais que sufrimos todos os días e se aplique unha lei que realmente nos protexa e que castigue xustamente a violadores, abusadores e maltratadores. Axudas para as vítimas de violencia machista.

Que recoñezamos o maltrato, físico e psicolóxico, e que o denunciemos. Que che mire o móbil, non che deixe pedir o que queiras na cafetaría ou non che permita saír con outra xente, é maltrato.

Non debemos ser máis fortes, estamos obrigadas, para sobrevivir no mundo patriarcal. Necesítase un cambio social baseado na educación e no respecto.

Precisamos sororidade e o apoio dos homes. Eles tamén forman parte do movemento feminista, necesitamos a súa empatía e colaboración para alcanzar a igualdade.

María Fernánde Randulfe

Paula Bello Feal

2ºBAC A

    

DÍA DOS MORTOS 2021

Para celebrar o  día dos mortos o alumnado de Plástica do instituto mostrounos a súa interpretación do tema. Parabéns polo seu estupendo traballo a eles e á súa profesora Cristina

    

VIAXE A LEÓN

Aquí tedes o vídeo da viaxe a León que fixo o alumnado de 3º de ESO:

DISTRIBUCIÓN GRATUITA MÁSCARAS

Dacordo coa orde do 28 de outubro de 2021 polo que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado de ensino obrigatorio no curso 2021/22 se informa que:

1. Será beneficiario das máscaras gratuitas todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (non precisan realizar solicitude e se fará de oficio dende o centro).

2. O alumnado que non fose beneficiario das axudas de material escolar e que reúna o requisito de renda per cápita da unidade familiar inferior a 6000 € no exercicio fiscal 2019. A renda per cápita se calcula sumando as casillas 435 e 460 e dividindo o resultado entre os membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2019. A solicitude está no arquivo adxunto.

3. O prazo de solicitude remata o 26 de novembro de 2021.

Distribuir contido