Skip to Content

blogue decrisfbravo

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025

Informamos que está  aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. 

O prazo de solicitude será do  21/5/2024 ó 21/6/2024 ambolos dous incluídos.

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B

A solicitude poderá facerse de xeito presencial no IES ou ben de xeito telemático. Preme neste enlace para acceder  á información. 

 

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta

Aquí tedes o cartel conmemorativo de Luísa Villalta, elaborado coa xenerosa aportación de Henrique Dacosta, profesor do IES SObre a tamén antiga profesora do centro Luísa Villalta. Feliz día das letras Galegas. Aquí no IES o celebramos con obradoiro de Lettering na Biblioteca rotulando verbas bonitas da nosa lingua e facendo un mural colaborativo coas mesmas que podedes ver no hall do instituto. 

 

Saída escolar a Santiago de Compostela. 1º ESO IES Canido

O pasado mércores día 8, o alumando de 1º da ESO, coordinado por María Estraviz (EDL) e acompañado polas profesoras Sandra Juíz e Berta Rodríguez, participaron nunha homenaxe a Luisa Villalta no Gaiás de Santiago de Compostela. A escritora homenaxeada foi antiga profesora no IES Canido. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico do acto, ó que asistiu o Conselleiro de Cultura, José López Campos. As alumnas de 1º da ESO: María Omaña, Sara Leira, Sara Ramos, Paula Cartelle, Alejandra Piñeiro, Sabela Cobelo e Daniela Román participaron na súa homenaxe, parabéns pola vosa actuación, e moitas grazas tamén á profesora Daniela García pola participación na actividade. O resto da tarde, aproveitaron o día en Santiago comendo no casco histórico e visitando o Museo de Historia Natural e o Mupega.

Aquí tedes unhas fotos resumo realizadas pola fotógrafa Rocío Cibes.

Clasificación na Fase Local da Olimpíada Matemática Galega

O alumno de 2° de ESO Arón Ñacle Purriños clasificouse na Fase Local da Olimpíada Matemática Galega, zona de Ferrol, para participar na Fase Final, que terá lugar o xoves 23 de maio no Círculo de Belas Artes de Lugo. Desde o IES Canido celebramos a sua clasificación e desexámoslle moita sorte na Fase Final. 


Distribuir contido


by Dr. Radut