Skip to Content

blogue decrisfbravo

Saída escolar a Santiago de Compostela. 1º ESO IES Canido

O pasado mércores día 8, o alumando de 1º da ESO, coordinado por María Estraviz (EDL) e acompañado polas profesoras Sandra Juíz e Berta Rodríguez, participaron nunha homenaxe a Luisa Villalta no Gaiás de Santiago de Compostela. A escritora homenaxeada foi antiga profesora no IES Canido. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico do acto, ó que asistiu o Conselleiro de Cultura, José López Campos. As alumnas de 1º da ESO: María Omaña, Sara Leira, Sara Ramos, Paula Cartelle, Alejandra Piñeiro, Sabela Cobelo e Daniela Román participaron na súa homenaxe, parabéns pola vosa actuación, e moitas grazas tamén á profesora Daniela García pola participación na actividade. O resto da tarde, aproveitaron o día en Santiago comendo no casco histórico e visitando o Museo de Historia Natural e o Mupega.

Aquí tedes unhas fotos resumo realizadas pola fotógrafa Rocío Cibes.

Clasificación na Fase Local da Olimpíada Matemática Galega

O alumno de 2° de ESO Arón Ñacle Purriños clasificouse na Fase Local da Olimpíada Matemática Galega, zona de Ferrol, para participar na Fase Final, que terá lugar o xoves 23 de maio no Círculo de Belas Artes de Lugo. Desde o IES Canido celebramos a sua clasificación e desexámoslle moita sorte na Fase Final. 


Visita ó teatro Afundación a ver "Esas cousas marabillosas" de Elisardo de la Cruz.

O pasado 4 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Canido asistiu á representación teatral de Elisardo de la Cruz "Esas cousas marabillosas" encadrada na oferta de Afundación no ciclo "Educación S.XXI. Una obra que emprega a comedia e a reflexión para achegarse a temas tan preocupantes e de interese coma é a sobre saúde mental. Esta obra é unha adaptación que a compañía Empatía Teatro fai do monólogo do inglés Duncan Macmillan, posta en escea dun xeito moi interactivo e integrando ó alumnado no desenvolvemento da mesma.

 

Xincana IES Canido 2024

 

Aquí tedes algunhas imaxes da Xincana que tivo lugar o 22 de marzo no IES Canido. O alumnado de 1º e 2º da ESO recorreu coa axuda dun mapa un percorrido de postos con retos e probas que foron superando traballando en equipo. Moitas grazas a Lidia Beceiro, pola coordinación da actividade, dos departamentos didácticos que colaboraron deseñando ditas probas, o profesorado vixiante, o persoal de conserxería e ó alumnado axudante de 3º da ESO, que gustoulle tanto a actividade que queren deseñar a vindeira edición. ¡Estamos desexando que así sexa!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut