XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2019

 

Os vindeiros luns 4 e martes 5 de febreiro terán lugar as visitas das familias de futuros alumnos de ESO e Bacharelato ao IES Canido co seguinte programa:

 

Luns 4 de febreiro: CPR San Rosendo (recollida no CPR ás 17:00 e posterior visita ao IES).

CEIP A Laxe, CEIP Almirante Juan de Lángara (Salón de actos do IES Canido ás 17:00 )

 

Martes 5 de febreiro: CEIP Cruceiro de Canido (recollida no CEIP ás 16:00 e posterior visita ao IES).

CPR Valle Inclán I, IES Ferrol Vello, CPI Atios, Colexio Plurilingüe Compañía de María Ferrol, Colexio Plurilingüe Jesús Maestro (As Discípulas),CPR Plurilingüe Cristo Rey. (Salón de actos do IES Canido ás 18:00).

 

PROGRAMA DA REUNIÓN

DIRIXIDA A

Pais/Nais /Titores legais de alumnos

RELATORES

Membros do Equipo Directivo e profesorado do IES Canido

 

 

CONTIDO

  • Presentación

  • Normas de organización e funcionamento

  • Organización da ESO/BACHARELATO

  • Respostas ás cuestións expostas polos asistentes

DURACIÓN

APROXIMADA

1/2 hora

 

 

 

 

 

 

 

REUNIÓN ADICIONAL

Salóde Actos

Aulde Educación Pstica e Visual

Aula-Taller de Tecnoloxía

Ximnasio

Biblioteca do centro

Aulde referencicoaudiovisuais

AuldInformática

AuldMúsica

Laboratorididiomas

Laboratoride Física

LaboratoridQuímica

Laboratoride Bioloxía

Laboratoride Xeoloxía

Cafeterído centro

 

 

 

V EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

     Desde o IES Canido queremos felicitar á nosa alumna de 2º de BACH Cristina Vidal Beceiro, que resultou galardoada na modalidade microrrelatos co Primeiro premio na Categoría D  (Bacharelato e Ciclos Formativos, co seu relato "Papá, óesme.

     Este premio súmase a outros accésits  que Cristina xa acadara en edicións anteriores.

VIDAS MARIÑEIRAS

O Teatro Jofre acolleu o martes 18 de novembro a estrea da curtametraxe Atlántico de Plástico do programa Vidas Mariñeiras, realizada por un grupo de 2º e 3º de ESO do IES Canido

PREME PARA VER A CURTA COMPLETA

FELICES FESTAS 2018

NADAL 2018

 

Actividades da xornada do 21 de decembro.

 
     Nas primeiras horas todo o alumnado terá actividades lectivas normais. Posteriormente, co gallo das celebracións de Nadal no centro, ademais da entrega de boletíns de cualificacións da 1ª avaliación, realizaremos un obradoiro de postais nos cursos da ESO e de 1º de Bacharelato. O alumnado de 2º de Bacharelato terá actividades lectivas normais.
 
     A saída do centro será  ás 13h. O alumnado que emprega o transporte escolar pode permanecer no centro ata ás 14:10.
 
 
     Queremos tamén desexarlles unhas felices festas e un bo ano 2019.
 
                            
 
                                    

Distribuir contido