Fin de curso 2017/18

Reproducimos a circular enviada a todas as familias por medio do alumnado:

Ferrol , 6 de xuño de 2018

Estimados pais/nais/titores legais:

O motivo da presente é informalos/as das actividades de fin do curso 2017-2018.

  • O último día de clases será o xoves 21 de xuño. Ese día o horario de saída do centro será o habitual. O transporte escolar funcionará como cada xoves.


  • Os boletíns de notas entregaranse o martes 26 de xuño ás 10:00 horas nas aulas respectivas, xunto coa información correspondente ás competencias clave. Non hai transporte escolar para o día da recollida de boletíns.


  • Os boletíns de cualificacións levan o cuño do centro en relevo, para evitar falsificacións. Tamén poden comprobar a evolución académica do seu fillo/a a través de Abalar Móbil e do espazo ABALAR http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar .


  • O mesmo día da entrega de boletíns os alumnos beneficiarios de libros do Fondo Solidariodeben entregalos ao titor, que supervisará a correcta devolución. No caso de ter materias pendentes poderán conservar os libros de ditas materias ata setembro, cando serán obrigatoriamente devoltos. Os libros pertencentes á ANPA serán recollidos por esta tamén ese día no salón de actos.


  • A MATRÍCULA ordinaria de xuño para o alumno que aproba todo está establecida como segue:

  • 1º ESOmartes 26, mércores 27, xoves 28 de XUÑO

  • 2º ESO venres 29 de XUÑO e luns 2 de XULLO

  • 3º ESO venres 29 de XUÑO e luns 2 de XULLO

  • 4º ESO martes 3 e mércores 4 de XULLO

  • 1º BAC e 2ºBAC mércores 4, xoves 5 e venres 6 de XULLO


  • A listaxe de libros de texto para o vindeiro curso publicarase na web e tamén no taboleiro do instituto.


  • Os exames da convocatoria extraordinaria de Setembro celebraranse os primeiros días de setembro. Publicarase o calendario/horario na web http://www.edu.xunta.es/centros/iescanido e tamén no taboleiro do instituto seguindo o indicado na Orde que aproba o calendario escolar para o curso 2018/19, pendente de publicar no DOG.


  • A data de entrega de notas así como o período de matrícula para o alumnado da convocatoria extraordinaria de setembro publicaranse na web e no taboleiro do centro.

O equipo directivo e o Claustro de profesores deséxanlles un feliz verán

A exposición do instituto na Voz de Galicia

A Voz de Galicia faise eco da exposición sobre a historia do noso instituto que estamos a preparar. Convidamos a toda a comunidade do IES Canido, presente e pasada, a contribuír con documentos, fotos, etc. á exposición, achegándoos ao centro ou enviándoos ao enderezo ies.canido@edu.xunta.es 

El IES de Canido busca su pasado

Londres 2018

Deixámosvos o vídeo da viaxe a Londres que fixo o alumnado de 4º de ESO:

 

 

Actividade de Capoeira

Con certo atraso debido a problemas técnicos compartimos imaxes da actividade de introdución á capoeira que tivo lugar no ximnasio do noso centro e na que participou o alumnado de 2º de ESO.

 

 

Gala de entrega dos premios de "Jóvenes talentos de relato corto"

O noso alumno de 2º ESO B Sergio Pérez González obtivo o 2º premio na fase provincial do concurso "Jóvenes talentos de relato corto", organizado pola Fundación Coca Cola. Parabéns para el e para a súa profesora, a compañeira Raquel Ramilo!

Distribuir contido