Skip to Content

Certificacións de competencias lingüísticas

A Consellería habilita unha partida de 450.000€ (Resolución do 10 de Xuño de 2022) para o financiamento  das probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2022-23 estea matriculado en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria e na etapa de Bacharelato. O financiamento é de 100€ por proba e alumno que se lle outorgará a cada centro e que abranguerá a realización das probas das destrezas orais e escritas e a certificación correspondente.

Os  estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). 

Cada alumno poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira.

O alumnado interesado debe entregar no IES de Canido  con data límite o 15 de xullo ás 13 horas o seguinte compromiso individual do alumnado/familia

Atentamente, o equipo directivo

 

FIN DE CURSO

O mércores 22 de xuño, último día do curso,  rematarán as clases ás 13:00.

O alumnado usuario do transporte escolar será atendido no centro ata a hora de saída habitual.

Ese día procederase á recollida do material.  Todo o alumnado beneficiario do fondo de libros deixará os libros de texto  sobre a súa mesa e devolverá os libros da ANPA no salón de actos.

O luns 27 de xuño, entregaranse as cualificacións ás 10:00 nas aulas habituais e tamén serán publicadas en Abalar.

O alumnado que aínda non teña formalizada a matrícula, poderao facer entre o 23 e o 28 de xuño nas seguintes quendas:

23 de xuño: recollida dos impresos de matrícula

27 de xuño: 1º e 2º Bacharelato

28 de xuño: todos os cursos da ESO

O impreso de matrícula pode recollerse en conserxería.

Cando se precisen fotocopias, é necesario traer o orixinal para o cotexo.

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º E 2º DE BACHARELATO

No seguinte enlace pódense consultar os horarios dos exames finais correspondentes á avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

EXAMES XUÑO 2022 1º E 2º BAC

EXAMES PENDENTES 1º BAC

1º BAC:

A entrega de notas terá lugar o luns 27 de xuño ás 10:00 presencialmente e en Abalar.

O período de reclamacións será os días 28 e 29 de xuño.

2º BAC:

A entrega de notas terá lugar o xoves 23 de xuño presencialmente ás 12:00 e en Abalar o 24 de xuño ás 9:00.

O período de reclamacións será os días 27 e 28 de xuño.

 

A matrícula da ABAU formalizarase os días 29 e 30 de xuño.

As probas correspondentes á convocatoria ordinaria da ABAU realizaranse os días 12, 13 e 14 de xullo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut