FIN DE CURSO 2019

Reproducimos a circular enviada a todas as familias por medio do alumnado

Estimados pais/nais/titores legais:

O último día de clases será o venres 21 de xuño. Ese día o horario de saída do centro será o habitual. O transporte escolar funcionará como cada xoves.

Os boletíns de notas entregaranse o mércores 26 de xuño ás 10:30 horas nas aulas respectivas, xunto coa información correspondente ás competencias clave. Non hai transporte escolar para o día da recollida de boletíns.

Os boletíns de cualificacións levan o cuño do centro en relevo, para evitar falsificacións. Tamén poden comprobar a evolución académica do seu fillo/a a través de Abalar Móbil e do espazo ABALAR http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar .

O mesmo día da entrega de boletíns os alumnos beneficiarios de libros do Fondo Solidariodeben entregalos ao titor, que supervisará a correcta devolución. No caso de ter materias pendentes poderán conservar os libros de ditas materias ata setembro, cando serán obrigatoriamente devoltos. Os libros pertencentes á ANPA serán recollidos por esta tamén ese día no salón de actos.

Os exames da convocatoria extraordinaria de Setembro celebraranse o luns 2 e martes 3 de setembro, conforme o calendario/horario que se publicará na web http://www.edu.xunta.es/centros/iescanido  e tamén no taboleiro do instituto.

A data de entrega das notas así coma o período de matricula para o alumnado da convocatoria extraordinaria de setembro publicaranse na web do centro e no taboleiro.

PARIS 2019

SAN ISIDRO 2019

AVISO URXENTE

O LUNS 3 DE XUÑO NON SE ATENDERÁN TRÁMITES ADMINISTRATIVOS NA SECRETARÍA DO CENTRO POR AUSENCIA DO PERSOAL DA MESMA.

Distribuir contido