Departamento de Tecnoloxía

CONECTADAS

Conectadas é un proxecto creado para a participación na 5ª edición de Wisibilízalas cos obxectivos de dar visibilidade a mulleres do noso entorno, promocionar ámbitos STEAM e o traballo en grupo a través das TIC.

No proxecto participaron trece mulleres, once delas conectadas directamente á nosa comunidade educativa, alumnas da ESO e Bacharelato, ex alumnas, profesoras, nai de ex alumnos e dúas profesoras e investigadoras da USC.

Agradecemenos a Flavia, Bea, Marta, Carmen, Paloma, Erica, Antía, Nerea, Noela, Eva, Cristina, Teresa e Mercedes a súa colaboración. Sen elas este proxecto non sería posible.

O proxecto foi creado por alumnado de 2º de Bacharelato nas materias de TIC II e Tradución.

“Conectadas” is a project carried out by the IES de Brion to participate in the 5th edition of Wisibilízalas, with the objective of giving visibility to women in our environment and promoting the field of STEM and teamwork through ICTs.

13 women participated in the project, 11 of whon are directly connected to our educational community as highschool students, graduates, teachers, parents of past graduates or researchers for the University of Santiago de Compostela, which is near Brion.

We would like to thank Flavia, Bea, Marta, Carmen, Paloma, Érica, Antía, Nerea, Noela, Eva, Cristina, Teresa and Mercede for their participation in this project.

We are students in our last year of highschool in the IES de Brión, and created the website in our ICT subject, with help from the students of our Translation class.

MATERIAS OPTATIVAS DO DEPARTAMENTO

Guía informativa de materias optativas ofertadas polo departamento:

Tecnoloxía Industrial:                                                                                                

Carga horaria semanal: 3 h 

O coñecemento da tecnoloxía proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade sustentable, formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela.

A materia, desde o punto de vista metodolóxico require do traballo en equipo, para resolver problemas tecnolóxicos que permitan explorar o deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de produtos relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social. Trata de aprender a identificar e a seleccionar solucións aos problemas técnicos, a realizar cálculos e estimacións, fomentar o espírito emprendedor e  planificar a realización de actividades de deseño e de montaxe, contextos de aprendizaxe nos que son importantes a iniciativa, a colaboración e o respecto polas normas de seguridade, e nos que as tecnoloxías da información e da comunicación son ferramentas imprescindibles para a procura de información, para a elaboración de documentos ou de planos, para a realización de simulacións e de cálculos técnicos e económicos, e para a presentación ou a publicación de resultados.

A materia estrutúrase nos seguintes bloques:

Tecnoloxía Industrial I:

  1. Produtos tecnolóxicos: deseño, produción e comercialización
  2. Máquinas e sistemas: mecanismos, electricidade e electróncia, control programado e sistemas robóticos
  3. Materiais e procedementos de fabricación
  4. Recursos enerxéticos

Tecnoloxía Industrial II:

  1. Materiais
  2. Principios de máquinas
  3. Sistemas automáticos
  4. Circuitos e sistemas lóxicos
  5. Control e programación de sistemas automáticos

A materia está relacionada cos estudos de:

Graos universitarios:

Ciclos formativos de grao superior:

  • Electricidade e Electrónica 
  • Enerxía e auga
  • Edificación e obra civil
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
  • Química

Control, Robótica e impresión 3D:       

2º Bacharelato                                                                                                      

Carga horaria semanal: 2 h 

O Control, Robótica e Impresión 3D proponse como unha materia de libre configuración de centro de carácter práctico e traballo en equipo para resolver problemas empregando controladoras, robots e impresión 3D que permitan explorar o deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de sistemas relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social. 

Para desenvolver os contidos a proposta metodolóxica é de resolución de problemas prácticos e traballo por proxectos sobre deseño, construción e programación de robots e sistemas de control de movemento, luz e son empregando Arduino/Raspberry-pi/e-textís como controladores, a impresión 3D como técnica de fabricación e as TIC como soporte de documentación, simulación e presentación de resultados.

A materia completementa as opcións de materias específicas de TIC II, Tecnoloxía Industrial II e Imaxe e Son.

A materia estrutúrase nos bloques: 

  1. A robótica
  2. Programación e control
  3. Proxectos: Impresión 3D

A materia está relacionada cos estudos de:

Graos universitarios:

  • Todas as Enxeñerías e Arquitectura
  • Ciencias: Física, Química, Biotecnoloxía, Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Robótica
  • Ciencias sociais e xurídicas: Creación Dixital, Animación e Videoxogos, Xestión Industrial de Moda, Comunicación audiovisual, Empresa e Tecnoloxía, ADE e Enxeñería Informática
  • Artes e Humanidades: Belas Artes

Ciclos formativos de grao superior:

  • Electricidade e Electrónica
  • Enerxía e auga
  • Edificación e obra civil
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
  • Instalacións e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Química
  • Seguridade e Medioambiente
  • Transporte e mantemento de vehículos
TIC                                                                                                                           

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desenvolven un papel fundamental na sociedade actual, porque proporcionan un conxunto de coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as necesidades individuais e colectivas, a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre dispositivos tecnolóxicos e necesidades sociais, ámbito no que a innovación e a condición de inmediata que lle son propias dotan esta materia dunha grande relevancia educativa. Na resolución de problemas coas TIC conxúganse a innovación, o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o coñecemento das novas tecnoloxías proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela. A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación trata de achegarlle ao alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos cambios propios deste ámbito tecnolóxico.

TIC 4º ESO
Carga horaria semanal: 3 h
A materia estrutúrase nos seguintes bloques:

1. Ética e estética na interacción en rede
2. Computadores, sistemas operativos e redes
3. Organización, deseño e produción de información dixital
4. Seguridade informática
5. Publicación e difusión de contidos
6. Internet, redes sociais e hiperconexión

TIC I

Carga horaria semanal: 2h

1. A sociedade da información e da comunicación
2. Arquitectura de computadores
3. Sotware para sistemas informáticos
4. Redes de ordenadores
5. Programación

TIC II

Carga horaria semanal: 3h

A materia estrutúrase nos seguintes bloques:

1. Seguridade informática
2. Publicación e difusión de contidos na rede
3. Programación

PROXECTOS INTERDISCIPLINARES

Curso 2009/10 Curso 2010/11
Curso 2011/12 Curso 2012/13
Módulos termoconformados boton:prototipo:cuberta
Curso 2013/14 Curso 2014/15
automatas
Curso 2015/16 Curso 2016/17

Curso 2017/18 Curso 2018/19

MAKER FAIRE 2020

Desde o IES presentamos o proxecto Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020  o pasado 20 de novembro.

O proxecto interdisciplinar, desenvolvido nas materias de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I,  consiste nun visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando un dispositivo móbil e unhas lentes RV.

Preme nas imaxes para acceder á páxina web do proxecto e ao vídeo:

visor_web



APRENDO PROGRAMANDO

Este curso participamos de novo no programa Aprendo Programando do Plan Proxecta desde a materia de Control e introdución á Robótica de 2º de ESO. Os principais obxectivos son empregar a programación como medio polo que se leva a cabo o proceso de aprendizaxe e potenciar a autonomía e desenvolvemento da capacidade creativa do alumnado a partir dunha temática proposta: "As especies exóticas invasoras". 

A pesar da particular situación deste curso, o alumnado continuou traballando en liña na plataforma E-Dixgal no proxecto ata principios de xuño.  Finalmente seleccionamos catro propostas para a participación no Concurso "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch", organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia CPETIG.

Convidámosvos a ver as animacións, responder ás preguntas e participar nos xogos propostos polo alumnado para aprender máis sobre especies invasoras e agradecemos a motivación e participación no proxecto.

Especies animais invasoras por Xiana Bragaña Pardo: 

Especies invasoras: Meloncillo e troita arco da vella por Guillermo Velo Expósito:

Vespa velutina por Catuxa Fernández Varela:

Mimosas por Miguel Picos Gómez:

Adaptación da programación. Curso 2019/20

Adaptacións da programación segundo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Programación Curso 2019/20

2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BACH 2º BACH
Tecnoloxía 2º Tecnoloxía 3º Tecnoloxía 4º Tecnoloxía Industrial I Tecnoloxía Industrial II
Control e Intr. á Robótica 2º TIC 4º TIC I TIC II

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC

Un curso máis, mesmo nestas circunstancias tan extraordinarias, celebramos no IES de Brión o día Internacional das rapazas nas TIC, participando nunha multiconferencia web, organizada pola aula e-learning do CESGA, na que coñecimos a catro mulleres galegas excepcionais que traballan e investigan en ámbitos relacionados coas Novas Tecnoloxías: Amparo Alonso Betanzos, Isabel Expósito Pérez, María Fernández Hermida, Patricia Mañana Borrazás.

Desde o IES tamén participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.

Ambas actividades están enmarcadas no proxecto "STEAM en feminino" do Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" no que participa o instituto.

PERÍODO NON PRESENCIAL

Durante o período non  presencial ao alumnado do departamento de Tecnoloxía iremos propoñendo tarefas e comunicación co grupo nas plataformas habituais de traballo:

Curso Materia Plataforma Comunicación
2º ESO Tecnoloxía EDIXGAL Foro de comunicación de grupo

Mensaxería EDIXGAL

2º ESO

Grupos B e D

Control e Introdución á Robótica
3º ESO Tecnoloxía AGUEIRO Mensaxería Agueiro
4º ESO Tecnoloxía

www.auladetecnoloxia.com

AGUEIRO

Mensaxería Agueiro
4º ESO TIC AGUEIRO Mensaxería Agueiro
1º Bacharelato Tecnoloxía Industrial I

auladetecnoloxia.com

AGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Foro de comunicación de grupo

1º Bacharelato TIC I AGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Foro de comunicación de grupo

2º Bacharelato Tecnoloxía Industrial II AGUEIRO Mensaxería Agueiro
2º Bacharelato TIC II AGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Foro de comunicación de grupo

TALLER DE ESTRUTURAS

O pasado 10 de febreiro os catro grupos de 2º de ESO  participaron ao longo da mañán activamente nun taller de estruturas. A actividade, organizada desde o departamento de Tecnoloxía, foi impartida polos membros do proxecto de divulgación "Camiños do futuro", co obxectivo de familiarizar ao alumnado co mundo da Enxeñería Civil.

No taller o alumnado experimentou o comportamento de estruturas e elementos construidos do seu  entorno, relacionándoas con conceptos básicos (forza, velocidade, desprazamento) e introducindo outros novos (como tensión, vibración, deformación) que se enlazaron con elementos da vida diaria como sismo, deseño, proxecto, edificios e pontes.

taller_estruturas_1

HISTÓRICO: DÍA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO

Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego no IES de Brión

Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.2012Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.2013

Distribuir contido